O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico do Barbanza nos concellos de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal e solicitado pola Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa).
Segundo.-Para os efectos informativos o estudio de efectos ambientais porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Industria.
-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.
-Concello de Porto do Son.
-Concello da Pobra do Caramiñal.
Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.
Cuarto.-Unha vez finalizado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
4364