Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada OUR-122 de Sobradelo a Casaio, treito Sobradelo-Casaio, clave N/OU/87.5.

No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, no seu apartado 2º, establécese a competencia da Comunidade Autónoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras descritas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-b, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 15 de febreiro de 1996 procedeuse á aprobación do proxecto de trazado da obra de acondicionamento da estrada OUR-122 de Sobradelo a Casaio, treito Sobradelo-Casaio, clave N/OU/87.5, polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 29 de febreiro de 1996, a Xunta de Galicia procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por la execución do proxecto de acondicionamento da estrada OUR-122 de Sobradelo a Casaio, treito Sobradelo-Casaio, clave N/OU/87.5, polo Decreto 88/1996 publicado no DOG número 51.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e concordantes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran no taboleiro da Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que de seguido se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considera preciso.

Lugar do levantamento das actas previas

Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras

Núm. prediosData Hora

Da 1 á 50 15-7-199610 a 14

Da 51 á 100 15-7-199616 a 20

Da 101 á 15016-7-199610 a 14

Da 151 á 20016-7-199616 a 20

Da 201 á 25017-7-199610 a 14

Da 251 á 30017-7-199616 a 20

Núm. prediosData Hora

Da 301 á 35018-7-199610 a 14

Da 351 á 40018-7-199616 a 20

Da 401 ó final19-7-199610 a 14

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos de titularidade, DNI e o último recibo da contribución, podéndose acompañar a súa costa, se o consideran preciso, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública perante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente co fin de que os interesados poidan formular por escrito diante deste Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, r/ Sáenz Díez nº 1, as alegacións que consideren oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados por urxente ocupación.

Ourense, 21 de xuño de 1996.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio de Estradas de Ourense

1413