Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave AG/SC/94.1.1.1 e dúas máis.

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica redacción do proxecto de trazado da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, fracción I: Santiago de Compostela-Silleda.

Clave: AG/SC/94.1.1.1

Orzamento: cincuenta e sete millóns, trescentas corenta e unha mil, oitocentas dezaseis pesetas (57.341.816).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría c.

Garantía provisional: 1.146.836

2. Asistencia técnica redacción do proxecto de trazado da obra de acondicionamento da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, fracción II: Silleda-Límite Ourense.

Clave: AG/SC/94.1.1.2

Orzamento: corenta e nove millóns, seiscentas cincuenta e cinco mil, setecentas corenta e nove pesetas (49.655.749).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría c.

Garantía provisional: 993.115

3. Asistencia técnica redacción do proxecto de trazado da obra de acondicionamento da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense, fracción III: límite Ourense - A-52.

Clave: AG/SC/94.1.2

Orzamento: corenta e catro millóns setenta e tres mil, catrocentas once pesetas (44.073.411).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría c.

Garantía provisional: 881.468

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás 12 horas do día 26 de agosto de 1996.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás 11 horas do día 5 de setembro de 1996.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Data do envío e recepción do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

O 25 de xuño de 1996.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela 20 de xuño de 1996.

P.D.(O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4966