Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan datas para o levantamento das actas previas a ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada PO-233, treito Pontebora-Carballedo, clave N/PO/94.2 termos municipais de Pontevedra e Cotobade.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvel

vemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras descritas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizará con cargo ó programa 413-B de construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data 1 de marzo de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 7 de marzo de 1996, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 55 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prezuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Pontevedra.

Día: 15 de xullo de 1996, de 10 a 13.30; de Cobas Cobas, Rosario a Tomé Cortecojo, Jose.

Lugar: Casa do Concello de Cotobade.

Días: 16 de Xullo de 1996, de 10 a 13.30; de Abal Varela, José Ramon a Diz Couto, Agustín.

17 de xullo de 1996, de 10 a 13.30; de Diz Iglesias, Benito a Iglesias Areses, Luisa.

18 de xullo de 1996, de 10 a 13.30; de Iglesias García, Teresa de Jesús a Peleteiro Piñón, Mª del Carmen.

19 de xullo de 1996, de 10 a 13.30; de Penelas Fernández, Celia y otros a Viñas Pichel, Teresa.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o derradeiro recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o memen

to do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que consideren pertientes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 19 de xuño de 1996.

Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe

4932