Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de alargamento, mellora e reforzo do firme da estrada C-531 de Celanova a Cortegada, treito: Celanova-Ramirás, clave: N-OUR-90.6.1.

No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, no seu apartado 2º establécese a competencia da Comunidade Autónoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución lexislativa do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras descritas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 30 de xaneiro de 1996 procedeuse á aprobación do proxecto de trazado da obra de alargamento, mellora e reforzo do firme da estrada C-531 de Celanova a Cortegada, treito: Celanova-Ramirás, clave: N-OUR-90.6.1, polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 8 de febreiro de 1996, a Xunta de Galicia, procedeu á declaración da utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de alargamento, mellora e reforzo do firme da estrada C-531 de Celanova a Cortegada, treito: Celanova-Ramirás, clave: N-OUR-90.6.1, polo Decreto 57/1996 publicado no DOG nº 37.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e concordantes do Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran no taboleiro da Casa do Concello de Celanova e Ramirás, para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que de seguido se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesrios para determina-los

dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considera preciso.

Lugar do levantamento das actas previas

Casa do Concello de Celanova

DataHorasNúmero de predios

15-7-1996 9 a 131 ó 40
15-7-199616 a 1941 ó 80
16-7-1996 9 a 1381 ó 130
16-7-199616 a 19131 ó 181
17-7-1996 9 a 13182 ó final

Lugar do levantamento das actas previas

Casa do Concello de Ramirás

DataHorasNúmero de predios

17-7-1996 9 a 131 ó 50
18-7-1996 9 a 1351 ó 100
18-7-199616 a 19101 ó 151
19-7-1996 9 a 13152 ó 202
19-7-199616 a 19203 ó final

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos de titularidade, DNI, e o último recibo da contribución, podéndose acompañar á súa costa, se o consideran preciso, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública perante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata o momento do levantamento das actas previas a ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito diante deste Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, r/ Sáenz Díez, 1, as alegacións que consideren oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados por uxente ocupación.

Ourense, 18 de xuño de 1996.

Xosé Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio de Estradas de Ourense

4965