Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 179/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. en Cumiar, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Francisco Outón Estévez.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. de Cumiar propiedade da empresa Sestelo y Cía, S.A., ata o C.T. que se proxecta en nave industrial en Cumiar, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: subministra-la enerxía a secadoiro de bacallao.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 340 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón e 25 m de lonxitude o tramo subterráneo de 3x50 mm Al. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V.

Orzamento: 3.111.041 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 28 de maio de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4736