Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Butavigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Butavigo, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-4-1996, subscrito, en representación da parte económica, por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 1-4-1996. De conformidade co disposto no artigo 90,2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colec

tivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de abril de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Táboa salarial

Categoría Táboa

salarial

1995

Incremento

3,7%

Táboa

salarial

1996

Xefe de administración114.9824.254119.236
Oficial de primeira92.8343.43596.269
Oficial de segunda87.3303.23190.561
Almaceneiro85.4733.16188.634
Aspirante52.4071.93954.346
Telefonista76.6072.83479.441
Auxiliar de oficina79.3852.93782.322
Vixilante xurado79.3852.93782.322
Garda77.1382.85479.992
Conductor de camión90.8253.36194.186
Conductor reparto87.8393.25091.089
Conductor de carretilla85.8343.17689.010
Mozo almacén e reparto80.3812.97483.355
Mecánico visitador e montador95.6833.54099.223
Mecánico instalador94.7223.50598.227
Limpadora por horas32612348

Nota.-O incremento efectuarase sobre os conceptos de salario base, antigüidade, plus de transporte e primas.

4972