Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición, rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa G.K.N. Indugasa, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa G.K.N. Indugasa, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-4-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o día 11-4-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Adminitración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de abril de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa G.K.N. Indugasa, S.A. e o seu comité de empresa co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, o ámbito territorial do convenio é o do centro de traballo da empresa G.K.N. Indugasa, existente na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta á totalidade do persoal pertencente ó cadro da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Ó presente convenio queda incorporado e forma parte del o acordo para a modernización de G.K.N. Indugasa asinado polas partes o 22-12-1993, quedando como anexo a el. Este anexo afectará no seu contido ós traballadores xa integrados e ós que se vaian integrando nos novos sistemas de traballo.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, excepto naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos.

Artigo 4º.-Vixencia, prórroga e denuncia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 1996, a excepción daqueles artigos que conteñen vixencias concretas.

Terá unha vixencia de dous anos e expirará o 31 de decembro de 1997.

Este convenio quedará automaticamente denunciado tres meses antes do seu vencemento. Non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 5º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen, cos aumentos e melloras existentes ou que se poidan establecer no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2º d) da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares e tres suplentes

designados pola empresa, e tres vocais titulares e tres suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa, todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, cando menos, dos membros que a compoñen, e para reunirse será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes: as discrepancias serán reflectidas en acta. En caso de non haber acordo, farase que reflicta as diferencias. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que considere procedente no prazo de oito días e notificarallo a aqueles, por se deciden acudir coas súa reclamación ante a instancia competente.

A propia comisión establecerá as normas de funcionamento.

Título II

Persoal

Artigo 7º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó seu servicio, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número de traballador, categoría laboral e antigüidade nela, profesión ou oficio e servicio en que traballa.

Unha copia deste rexistro será entregada ó comité de empresa e ás seccións sindicais, xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores no 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto das bases de cotización á Seguridade Social aplicarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 8º.-Xubilación.

O traballador que nos anos 1996 e 1997, tendo cuberto o período mínimo de cotización, decidise xubilarse no momento de cumpri-los 60 anos, terá dereito a percibi-la cantidade de 4.692.000 ptas. e 4.856.000 ptas., respectivamente.

Os traballadores maiores de 60 anos que no se acollesen ó dereito anterior poderán pactar de forma individual, logo de existencia de común acordo por ámbalas partes, a xubilación anticipada.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso.

Durante os dous anos de vixencia deste convenio substituiranse as baixas na empresa do persoal hora

rio fixo que cese ó servicio dela. A situación debe quedar regularizada antes de finaliza-lo mes de xaneiro do ano seguinte.

Para a selección do persoal horario a incorporar como fixo para substituí-lo mesmo número de baixas na empresa deste colectivo o ano anterior, e co obxectivo da mellora cualitativa do cadro de persoal, teranse en conta as condicións requiridas polos postos por cubrir, a cualificación profesional e experiencia laboral, dando prioridade, en igualdade de condicións, ós candidatos eventuais que teñan unha maior antigüidade na empresa.

Todo isto excepto que se presentasen situacións excepcionais do mercado que obrigasen a regulacións de emprego.

-Período de proba:

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos e profesionais de oficio: 1 mes.

-Subalternos, aprendices, peóns e especialistas: 2 semanas.

En canto se refire á celebración do contrato de traballo, a súa prórroga, denuncia e extinción, así como ós dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación, aplicarase o que dispón a normativa en vigor.

-Contratos en práctica:

O persoal de taller contratado en prácticas de conformidade co R.D. Lei 1/1995, durante a vixencia do presente convenio, terá prioridade para cubri-las necesidades de profesionais que se poidan producir na empresa, unha vez demostrada a súa capacidade nas correspondentes probas de aptitude.

A comisión de formación participará no seguimento da avaliación das prácticas formativas deste persoal e, para tal efecto, coñecerá as probas e resultados das avaliacións a que sexan sometidos no desempeño da súa actividade.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de G.K.N. Indugasa, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a ordenanza do traballo para a industria siderometalúrxica e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos.

Na medida en que a organización do traballo o requira, poderanse crear categorías non incluídas na ordenanza e que supoñan un beneficio de calquera orde para o persoal.

Ós peóns que ocupen durante un mes un posto de especialista outorgaráselle-la dita categoría se realizaron, cando menos durante unha quincena, o rendemento habitual neste posto.

Caso de non telo alcanzado, disporá de dous meses para podelo alcanzar.

Artigo 11º.-Postos especiais de persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de xeito distinto, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os regradores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas e que, de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos, irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso, e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación do posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, e por similitude das súas funcións coas previstas na ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se logo cesa na súa función, manterase con carácter de mínimo a prima de cualificación establecida para o dito posto ata que, polo seu ascenso a superior categoría, quede superada.

Artigo 13º.-Traslados.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, aínda que procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Os traballadores que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados por petición propia a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal voluntario ou de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior de acordo coas seguintes normas:

1. Levar máis de tres anos nun dos ditos postos.

2. Para o traslado daráselle preferencia á maior antigüidade no posto.

Facilitarase información previa ó comité de empresa de tódolos casos que se produzan de modificación substancial das condicións de traballo do persoal, os cales se efectuarán de conformidade coas disposicións legais vixentes.

Artigo 14º.-Ascensos.

Defínense como fórmulas de ascenso en G.K.N. Indugasa as seguintes:

A) Promoción automática a categoría superior.

-Auxiliar de organización a técnico de organización de segunda, un ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de segunda, un ano.

-Auxiliar administrativo a oficial de segunda administrativo, un ano.

-Auxiliar de laboratorio a analista de segunda, un ano.

B) Promoción logo de exame.

Os profesionais horarios (oficiais de 3ª e 2ª), os oficiais de 2ª administrativos, analistas de laboratorio de 2ª, delineantes de 2ª e técnico de organización de 2ª con 8 anos de antigüidade na categoría e os especialistas e especialistas cualificados con 13 anos de antigüidade na categoría poderán ascender á inmediata superior, logo de superación dun exame de aptitude profesional que para tal efecto deberán solicitar. O servicio de persoal entregaralles ós candidatos documentación de apoio e as distintas probas profesionais teóricas e prácticas serán feitas públicas cunha anticipación mínima de 30 días a cada exame e deberán ter lugar antes do 15 de outubro.

No prazo máximo de 30 días despois da súa celebración publicaranse os nomes dos candidatos declarados aptos e terá efectividade o ascenso.

Unha vez cualificadas por formación as probas profesionais, someteranse á comisión de control que para tal efecto se establece, para a súa verificación. Esta comisión estará composta por tres representantes da empresa e tres representantes do comité de empresa.

C) Cando existen vacantes por baixas do persoal.

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascensos as vacantes producidas por baixas do persoal.

Para cada concurso existirá un programa e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa, baixo o cal se poderán prepara-los traballadores, ben asistindo ós cursos da empresa, se os houber, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teóricas e prácticas serán feitas públicas cunha anticipación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderanse presentar ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que

teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos por cubrir.

No momento de realizar un concurso-oposición, constituirase unha xunta cualificadora como máis adiante se especifica.

D) Cando existen vacantes por aumento do cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 50% por concurso-oposición e un 50% por libre designación da empresa.

Non quedan consideradas dentro destas últimas as vacantes que a empresa deba cubrir por propia designación como consecuencia de que ningún candidato fose declarado apto.

O concurso-oposición rexerase polo artigo 32 do Regulamento de réxime interior da empresa, sendo no caso que nos ocupa concurso libre e tendo preferencia para cubri-las ditas vacantes os da categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á comisión cualificadora.

As probas dos concursos-oposición consistirán nun exame das súas aptitudes profesionais exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames, composta por tres representantes da empresa e tres representantes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa.

En caso de igual puntuación, daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

E) De libre designación.

Os ascensos a xefe de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa.

Título III

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Xornada laboral.

Establécese que a xornada será a mesma en días laborables e horas efectivas de traballo no cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas trinta e seis (1.736 horas), non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (mesmo os retribuídos).

Para efectos de xornada máxima legal semanal realizarase o cálculo correspondente, tomando en consideración o cómputo anual. Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada é aplicación mellorada da Lei 4/1983.

O calendario laboral elaborarase coa participación do comité de empresa no mes de decembro de cada ano.

Artigo 16º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, salvo

que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada nun 25% sobre o salario base.

Para cubri-las necesidades da quenda de noite recorrerase preferentemente a persoal voluntario.

Co fin de fomenta-la estabilidade e motivación, os traballadores que realicen a quenda de noite percibirán, ademais da retribución citada, os complementos de nocturnidade especial e locomoción nas contías especificadas no artigo 3º.

Artigo 17º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días (trinta) naturais.

Procurarase que o seu desfrute estea comprendido no mes de agosto, reservándose a dirección a facultade de establecer excepcións e cambios a outros períodos do ano cando as esixencias dos servicios así o aconsellen e, nestes últimos casos, procurando satisface-los desexos do persoal en canto á época do seu desfrute.

Ó persoal afectado aplicaránselle as seguintes compensacións:

a) Por cada semana completa desprazada ó período comprendido entre os meses de xaneiro/xuño ou outubro/decembro, ambos inclusive, 9.508 ptas. Esta compensación será rateable por días.

b) Aplicación das normas en vigor de compensación por locomoción.

O comité de empresa será informado do persoal que a empresa determine que ten que cambia-las vacacións.

Os traballadores que se encontren en incapacidade temporal ó inicio ou durante o transcurso das vacacións pactadas no calendario laboral, unha vez producida a alta médica, desfrutarán do período non utilizado no transcurso do ano e tendo en conta as necesidades do servicio.

Artigo 18º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, incluída prima media mensual para o persoal horario, polo tempo e os motivos seguintes:

Nacemento de fillo: 3 días laborables.

Con intervención cirúrxica (cesárea): 4 días laborables.

Poderanse desfrutar dentro dos sete días seguintes ó parto.

Adopción legal: 2 días laborables.

En ámbolos supostos, se cómpre o desprazamento a distancia superior a 300 km, será 1 día máis.

Casamento: 15 días naturais.

Falecemento:

-De pais, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

-De cónxuxe do irmán do traballador: 1 día natural.

-De irmáns dos pais do traballador: 1 día natural.

Nestes últimos catro casos, se existe necesidade de desprazamento a distancia superior a 300 km corresponderá 1 día natural máis.

Para efectos de cómputo dos días de permiso por falecemento, considerarase que:

-Se computará como de permiso o día de falecemento se este se producise antes de transcorrida a metade da xornada laborable do traballador.

-Se o falecemento se produce en día non laborable para o traballador, computarase como día de permiso no caso de que o falecemento tivese lugar antes das 12 horas.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 3 días naturais. En caso de necesidade de desprazamento a distancia superior a 300 km corresponderá un día máis.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

Nestes dous últimos casos, se existe necesidade de desprazamento a distancia superior a 300 km, corresponderá un día natural máis; se a 500 km 2 día naturais máis.

A referencia a cónxuxe nos permisos antes citados faise extensiva á persoa que conviva maritalmente co traballador, que acredite a súa situación de convivencia mediante certificado do concello, libro de familia ou documento substitutorio.

Casamento:

-De pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Exames:

-Os traballadores matriculados en centros oficiais ou recoñecidos polo MEC que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título académico ou profesional, segundo o teor da Lei xeral de educación, terán dereito ós permisos necesarios para concorreren ós exames correspondentes.

O servicio de persoal entregaralle ó interesado resgardo acreditativo dos permisos concedidos.

Artigo 19º.-Premio de asistencia.

O premio de asistencia permitiralle a cada traballador desfrutar días de permiso retribuído ou

a compensación económica correspondente en función da súa asistencia ó traballo, conforme as normas que a seguir se articulan:

Norma 1ª

O premio de asistencia é aplicable a todo o persoal coas posibles excepcións seguintes:

-Xefes de primeira e asimilados.

-Xefes de taller e asimilados.

-Titulados de grao superior e asimilados.

Norma 2ª

Cada semana de presencia completa dá dereito a:

-15 puntos simples para o persoal horario.

-12 puntos simples para o persoal mensual.

Norma 3ª

Ademais, cada semana de presencia completa dá dereito a puntos suplementarios cando se producen determinadas particularidades do traballo.

Os puntos suplementarios terán os seguintes valores:

a) Traballo en xornada ordinaria en quendas rotativas e traballo en quenda de noite: 6 puntos suplementarios.

b) Traballo da xornada ordinaria en domingo ou día festivo: 15 puntos suplementarios.

c) Traballo en talleres que presenten condicións particulares en certos postos: 6 puntos suplementarios

Norma 4ª

A conta dos puntos obtidos cada ano cérrase a última semana de decembro e seralles comunicada ós interesados antes do 15 de marzo seguinte.

Norma 5ª

A modificación colectiva das condicións de traballo levaría emparellada a modificación dos puntos suplementarios atribuídos na norma 3ª, alínea c).

Norma 6ª

Para cada ano do calendario, o beneficio do premio de asistencia considérase adquirido para todo o persoal definido na norma 1ª e que non tivese un total de ausencias no ano superior a 15 días laborables.

Norma 7ª

Os puntos simples e suplementarios, atribuídos no curso dun ano, corríxense da forma seguinte:

-Se o beneficiario non tivese ningunha ausencia, os puntos simples e suplementarios obtidos nese ano incrementaranse no 100%.

-Se o beneficiario totalizou no ano:

-De 1 a 5 días de ausencia: os puntos simples e suplementarios obtidos incrementaranse no 50%.

-De 6 a 15 días de ausencia: os puntos simples e suplementarios consideraranse no seu mesmo valor

-Máis de 15 días de ausencia: pérdense os puntos atribuídos.

Norma 8ª

Para os efectos do premio de asistencia non se considerarán como ausencias as vacacións, así como as circunstancias definidas no anexo I.

Norma 9ª

A utilización dos puntos obtidos dá dereito a un día de permiso por cada 600 puntos.

Para a utilización dos días de permiso, precisarase un preaviso de 5 días laborais e poderanse tomar se as necesidades do servicio o permiten (absentismo inferior ó 10%).

Para efectos de compensación económica establécese que 600 puntos equivalen a un día.

Norma 10ª

Os beneficios previstos no premio de asistencia non se poderán acumular cos que puidesen resultar de novas normas legais e regulamentarias.

Así mesmo, as vantaxes establecidas no presente premio de asistencia modifican e substitúen as concedidas polo anterior plan individual de vacacións.

Norma 11ª

Os días de premio de asistencia serán aboados como laborables.

ANEXO I

CIRCUNSTANCIAS QUE NON SE CONSIDERAN AUSENCIA PARA EFECTOS DO PREMIO DE ASISTENCIA NO CONXUNTO FINAL DO PERÍODO

-Permiso por nacemento de fillos ou adopción legal.

-Permiso por casamento do traballador/a.

-Permiso por casamento de fillos, irmáns ou pais.

-Permiso por falecemento de pais, fillos, cónxuxe, avós, netos e irmáns do traballador/a.

-Permiso por falecemento de pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe do traballador/a.

-Permiso por falecemento de irmán do cónxuxe do traballador/a.

-Permiso por falecemento de irmáns dos pais do traballador/a.

-Permiso por enfermidade grave do cónxuxe, fillos, pais, avós, netos e irmáns do traballador/a.

-Permiso por enfermidade grave de pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe do traballador/a.

-Permiso (por desprazamento para consulta médica) por enfermidade de fillos ou cónxuxe.

-Permiso por mudanza.

-Permiso por premio de asistencia.

-Citacións oficiais.

-Designación como membro de mesa electoral.

-Retención pola Garda Civil (incendios).

-Paro técnico.

-Permiso para exames oficiais.

-Permiso para doazón de sangue.

-Permiso por horas acumuladas (ou por recuperar).

-Saídas inferiores a media xornada.

-Saídas sindicais (dentro do límite regulamentario).

-Folga legal.

Artigo 20º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na ordenanza laboral siderometalúrxica e Estatuto dos traballadores.

A empresa admitirá o excedente nun prazo máximo de quince días a partir da data en que expire a excedencia sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia, daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que este o solicite.

Se un traballador, tendo transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá pedir que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen da solicitude de reingreso dos excedentes.

Título V

Réxime de retribucións

A. Tempos e rendementos.

Artigo 21º.-Tempos.

Os tempos serán determinados polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, que poderán ser: estimados, provisionais e definitivos. Ó porse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

Artigo 22º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como recuperación de pezas porosas, etc. Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos.

Nos casos de discrepancia individual aplicarase o disposto no artigo 10 da ordenanza de traballo vixente para a industria siderometalúrxica.

Das variacións significativas proporcionarase información ó comité de empresa.

Artigo 23º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización do traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu kb habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se traballa a prima individual, a compensación da aprendizaxe consistirá en aboarlle toda a quincena o kb obtido nos últimos días, sen sobrepasa-lo kb medio obtido nas tres últimas quincenas no posto anterior.

Esta compensación, que terá como duración máxima dúas quincenas, deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu kb. Se o cambio se produciu despois dos seis primeiros días da quincena, ou dura menos de seis días impedíndolle ó operario chegar a un kb razoable, pagaráselle toda a quincena ó kb proporcional que resultaría de seguir en toda ela o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o kb que obteña o grupo e para que o dito kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo operario, emitiránselle a este solicitudes de crédito de aprendizaxe diarias, en función das horas doutros operarios productivos que haxa que empregar para completa-lo posto do novo operario.

Estas solicitudes seranlle aboadas así mesmo ó kb medio que obteña o grupo ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando o operario xa traballase no dito grupo e ata un máximo de corenta horas nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima.

Artigo 24º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado kb=1, equivalente a 60 minutos hora, para efectos do disposto no Decreto do 17 de agosto de 1973, de ordenación do salario, e Orde do 22 de novembro de 1973, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º, alínea e) do Estatuto dos traballadores, o que este viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal, un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non existe medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o dito artigo 54.2º, alínea e) do Estatuto dos traballadores, será diferente segundo que se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime se como consecuencia disto se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario, para considerar continuidade suficiente en baixo rendemento, que este se producise no período dun mes despois de ter sido apercibido.

Artigo 25º.-Comisión paritaria de tempos.

Para entender sobre as reclamacións individuais nacidas da aplicación do sistema de análise e control de rendementos persoais existirá unha comisión paritaria de tempos, composta por tres membros do comité e tres membros representantes da dirección.

De entre e polos compoñentes da comisión elixirase un presidente e un secretario, os cargos dos cales deberán recaer en membros de ámbalas representacións.

Tódolos membros da dita comisión dispoñerán de vinte horas retribuídas ó mes, para o desempeño das súas funcións.

-Reunións da comisión paritaria.

Haberá dous tipos de reunións: ordinaria e extraordinaria.

As ordinarias terán lugar unha vez ó mes e dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas por iniciativa xustificada de calquera das dúas representacións.

Tódalas reunións, tanto ordinarias como extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de anticipación, con indicación do lugar de reunión, día, horas e orde do día.

De solicitalo, a comisión paritaria será informada dos rendementos obtidos polos diferentes talleres de fábrica en cada un dos meses do ano.

Artigo 27º.-Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio (xornal máis retribución voluntaria, se é o caso), prima de producción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

En 1996 as retribucións do persoal horario incrementaranse un 4,25% sobre as existentes o 31-12-1995.

Salario convenio (xornal + R. voluntaria) 4,25% lineal por categorías.

Incto.

ptas./hora

S.M. mínimo

ptas./hora

En prácticas

1º no2º ano

Peóns20,08476,46
Especialistas21,05501,56
Espta. Cualfdo.21,65513,21
Oficial 3ª de oficio24,66590,36354,22413,25
Oficial 2ª de oficio25,58619,79371,87433,85
Oficial 1ª de oficio26,86648,22388,93453,75

Primas de producción e posto, 4,25%. Aboaranse con prima os días 26 e 27 de decembro por reaxuste establecido no convenio colectivo de 1995.

O 1-1-1997 as tarifas vixentes o 31-12-1996 actualizadas, se é o caso, por aplicación da cláusula de garantía salarial do Art. 42 experimentarán un incremento do 3,5%.

Artigo 27º.-Primas de producción directa.

Aplicaranse na forma indicada no regulamento de réxime interior da empresa, pero atribuíndo ó minuto producido o valor de 4,0554 pesetas ata 72 minutos hora (kb 1,20) e de 4,4075 pesetas para os minutos hora que excedan de 72, ou, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

Ata kb 1,20 Prima=243,3228 x kb ptas./hora

Desde kb 1,21 Prima=264,455 x kb-25,359 ptas./hora

Artigo 28º.-Primas de producción indirecta.

Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en ptas./hora = 182,158 x Coef. + 93,0875.

Artigo 29º.-Primas de cualificación de postos de peóns e especialistas.

Aplicaranse na forma e casos que prevé o Regulamento de réxime interior da empresa, cos valores seguintes:

20, 11116 ptas./minuto

30,22255 ptas./minuto

40,42898 ptas./minuto

50,60305 ptas./minuto

60,83929 ptas./minuto

71,04429 ptas./minuto

81,27683 ptas./minuto

91,51444 ptas./minuto

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

Para regradores especialistas104,28 ptas./hora

Para xefes de equipo especialistas138,53 ptas./hora

Artigo 30º.-Primas de postos non cronometrados

A prima fixa para os postos non cronometrados establécese cos seguintes valores:

-Peóns209,75 ptas./hora

-Especialistas231,78 ptas./hora

-Esp. cualificados231,78 ptas./hora

-Oficiais de 3ª258,44 ptas./hora

-Oficiais de 2ª268,21 ptas./hora

-Oficiais de 1ª276,13 ptas./hora

Artigo 31º.-Improductividades.

Aboaranse como hora productivas (con prima media) as dedicadas á limpeza fin de semana e as paradas que se deban a causas alleas á vontade dos traballadores. Así mesmo, aboarase como productivo o tempo de consulta derivado de accidente de traballo ou de recoñecemento anual obrigatorio realizados no servicio médico da empresa.

Artigo 32º.-Prima de puntualidade e asistencia.

Este complemento, destinado a premia-la asiduidade e puntualidade do persoal horario ó traballo aplícase sobre as horas ordinarias segundo práctica habitual, fixándose o seu valor en 9,30 ptas./hora e 9,62 ptas./hora para tódalas categorías en 1996 e 1997, respectivamente.

As condicións de aplicación da prima de asistencia e puntualidade son as seguintes:

-Devengarase por quincenas naturais.

-Calquera falta de puntualidade ou asistencia ó traballo, considerada inxustificada, determinará a perda total da prima da quincena.

-As ausencias xustificadas levarán consigo a deducción sobre a prima correspondente ós tempos traballados dun 25% por cada ausencia, calculado sobre o importe teórico da totalidade da quincena. Sen embargo, non terá lugar a deducción anterior nos casos de ausencia por incapacidade laboral transitoria debida a accidente de traballo e de permisos regulamentarios retribuídos.

Esta redacción substitúe e deixa sen vixencia o Art. 95 do Regulamento de réxime interior.

Artigo 33º.-Prima de presencia.

Con obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese a prima de presencia para tódolos

traballadores da empresa, con suxeición ós seguintes criterios:

1. A prima devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de pesoal.

2. O traballador que non teña ningunha ausencia ó traballo durante o mes percibirá unha prima de 3.631 ptas. e 3.758 ptas. por cada unha das doce mensualidades ordinarias e que será aboada na nómina correspondente, nos anos 1996 e 1997, respectivamente.

Non terán a consideración de ausencias para os efectos desta prima:

-As vacacións oficiais.

-Os permisos por premio de asistencia.

-Os permisos regulamentarios retribuídos.

-Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

-A folga legal.

Enténdese por ausencia a perda dunha xornada de traballo completa.

Artigo 34º.-Traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade ou perigosidade, pero fixando a contía de 18,98 ptas./hora e 19,65 ptas./hora para todo o persoal afectado por este concepto, nos anos 1996 e 1997, respectivamente.

Artigo 35º.-Complementos salariais.

Teñen este carácter os seguintes:

1996 1997

Nocturnidade especial81,4 ptas./h84,70 ptas./h
Complemento carencia transporte

(locomoación)

17 ptas./km18 ptas./km
Complemento xornada especial

(festividade)

433,40 ptas./h448,57 ptas./km
Complemento de recuperación

de xornada

433,40 ptas./h448,75 ptas.km
Responsabilidade liña87,62 ptas./h90,69 ptas./km
Correquendas8,06 ptas./h8,34 ptas./km
Complemento horas extras nocturnas81,84 ptas./h84,70 ptas./km

Artigo 36º.-Antigüidade.

Mantense o criterio de trienios para todo o persoal ó que as normas regulamentarias recoñecen o dereito a percibi-la antigüidade e aboarase conforme os seguintes tipos:

19961997

Persoal horario7,828,09 ptas./h por trienio

Persoal mensual26.55927.489 ptas./ano por trienio

O tope máximo que se considerará por este concepto será o de nove trienios.

O complemento por antigüidade devengarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio se a data do vencemento é anterior ó 30 de xuño e a partir do 1 de xullo do ano respectivo nos casos en que o vencemento teña lugar no segundo semestre do mesmo ano.

Artigo 37º.-Horas extraordinarias.

A empresa deberá comunicarlles ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha anticipación suficiente e, cando menos, deberanse efectuar 24 horas antes do día en que se deban realizar, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, caso no que se considerará obrigatoria a prestación.

Procurarase que a xornada laboral total (normal + extraordinaria) non exceda de 12 horas día. O comité de empresa será informado dos casos de imposibilidade, se se producen, e as súas causas.

Se as circunstancias técnicas e productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano. A posible realización destas horas extraordinarias estructurais será voluntaria.

As horas extraordinarias serán compensadas economicamente ou mediante tempo equivalente de descanso.

A fórmula para establece-lo valor base da hora ordinaria sobre a cal se apliquen as recargas que correspondan continuará sendo a actual, partindo duns valores ano que comprenden as primas e incentivos ó valor kb=1, e estando o devengo anual constituído exclusivamente polos conceptos retributivos de salario e antigüidade, no caso do persoal mensual, e de salario base máis retribución voluntaria (se é o caso) máis antigüidade (3.400 horas) e prima (2.448 horas) no caso do persoal horario:

Devengo anual x 12

Valor base:

Hora ordinaria: 1.736 h x 14

Ó valor resultante incrementaráselle o recargo do 100%.

No caso de compensación por tempo equivalente, ademais de tempo de descanso percibirase o complemento de recuperación de xornada e, nos días considerados festivos, os complementos de festividade e locomoción.

O traballador optará por unha das dúas fórmulas (cobrar ou desfrutar) previamente.

Artigo 38º.-Gratificacións extraordinarias e vacacións.

-Persoal mensual:

En ámbolos casos a retribución será equivalente ó soldo mensual respectivo.

-Persoal horario:

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborables e 5 festivos cada unha delas.

As vacacións aboaranse a razón de 30 días laborables incluíndo, ademais da media de primas de producción, os pluses de toxicidade, penosidade ou perigosidade obtidos nos tres últimos meses traballados.

A empresa aboará as ditas pagas extraordinarias completas a tódolos traballadores que estivesen en

situación de incapacidade temporal no semestre anterior, tomando no caso do persoal horario como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 39º.-Retribución do persoal mensual e táboa de retribucións mínimas.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas nun 4,25% sobre as existentes o 31 de decembro de 1995.

O 1-1-1997 as retribucións vixentes o 31-12-1996, unha vez actualizadas, se é o caso, por aplicación da cláusula de garantía salarial do artigo 42 experimentarán un incremento do 3,5%.

As táboas de retribucións mínimas para o persoal mensual en 1996 e 1997 sitúanse nas contías seguintes, por categorías:

19961997

Grupo subalterno
Cabo de gardas2.589.8312.680.475 ptas./ano
Vixilante2.212.1532.289.578 ptas./ano
Ordenanza2.014.3162.084.817 ptas./ano
Telefonista2.014.3162.084.817 ptas./ano

Grupo administrativo
Xefe administrativo de 1ª3.237.4373.350.747 ptas./ano
Xefe administrativo de 2ª2.877.5932.978.309 ptas./ano
Oficial administrativo de 1ª2.589.8312.680.475 ptas./ano
Oficial administrativo de 2ª2.194.1702.270.966 ptas./ano
Auxiliar administrativo2.014.3162.084.817 ptas./ano

Grupo técnico
-Técnicos de taller
Xefe de taller3.237.4373.350.747 ptas./ano
Axudante enxeñeiro2.877.5932.978.309 ptas./ano
Contramestre2.877.5932.978.309 ptas./ano
Encargado2.589.8312.680.475 ptas./ano
Coordinador2.589.8312.680.475 ptas./ano

-Técnicos de oficina
Delineante proxectista2.877.5932.978.309 ptas./ano
Delineante de 1ª2.589.8312.680.475 ptas./ano
Delineante de 2ª2.254.5782.333.488 ptas./ano
Auxiliar delineante2.158.1962.233.733 ptas./ano

-Técnicos de organización
Xefe de organización de 1ª3.237.4373.350.747 ptas./ano
Xefe de organización de 2ª2.985.5033.089.996 ptas./ano
Técnico de orginazación de 1ª2.697.7492.792.170 ptas./ano
Técnico de organización de 2ª2.445.9552.531.563 ptas./ano
Auxiliar de organización2.212.1532.289.578 ptas./ano

-Técnicos de laboratorio
Xefe de laboratorio de 1ª3.237.4373.350.747 ptas./ano
Xefe de laboratorio de 2ª2.877.5932.978.309 ptas./ano
Analista de 1ª2.589.8312.680.475 ptas./ano
Analista de 2ª2.254.5782.33.488 ptas./ano
Auxiliar de laboratorio2.158.1962.233.733 ptas./ano

-Técnicos titulados
Enxeñeiros2.877.5932.978.309 ptas./ano
Licenciado2.877.5932.978.309 ptas./ano
Perito-enxeñeiro técnico2.445.9552.531.563 ptas./ano
Axudante técnico sanitario2.445.9552.531.563 ptas./ano

Artigo 40º.-Axudas de custo e gastos de viaxe.

Os traballadores que por necesidade de servicio e orde da empresa teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos percibirán as axudas de custo en vigor para os distintos países. Serán así mesmo reembolsados os gastos extraordinarios que a comisión de servicio faga necesarios.

Artigo 41º.-Garantía salarial.

-Ano 1996:

No caso de que o índice de prezos de consumo (IPC) establecido polo INE rexistrase o 31 de decem

bro de 1996 un incremento superior ó 4,25% respecto á cifra que resultase do dito IPC o 31-12-1995, tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, modificaranse as tarifas salariais na porcentaxe necesaria para garantir que os novos niveis o 31-12-1996 superen os do 31-12-1995 no valor do mencionado IPC.

Así mesmo, ó persoal aboaráselle unha cantidade compensatoria da que recibise se os niveis salariais o 31-12-1996 resultantes da aplicación da presente cláusula de garantía salarial estivesen en vigor o 1 de xaneiro do dito ano.

Esta cantidade aboarase dunha soa vez na primeira nómina normal tecnicamente posible e integrarase nas remuneracións do dito mes para efectos de cotización á Seguridade Social e IRPF.

-Ano 1997:

No caso de que o índice de prezo de consumo (IPC) establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1997 un incremento superior ó 3% respecto á cifra que resultase do dito IPC o 31-12-1996, tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia modificaranse as tarifas salariais na porcentaxe necesaria para garantir que os novos niveis o 31-12-1997 superen os do 31-12-1996 nun 0,5% sobre o valor do mencionado IPC.

Así mesmo, ó persoal aboaráselle unha cantidade compensatoria da que recibise se os niveis salariais o 31-12-1997 resultantes da aplicación da presente cláusula de garantía salarial estivesen en vigor o 1 de xaneiro do dito ano.

Esta cantidade aboarase dunha soa vez na primeira nómina normal tecnicamente posible e integrarase nas remuneracións do dito mes para efectos de cotización á Seguridade Social e IRPF.

Título V

Previsión e política social

Artigo 42º.-Formación.

G.K.N. Indugasa organizará cursos de perfeccionamento profesional en función das necesidades creadas pola evolución da tecnoloxía e técnicas de xestión, así como cursos específicos de seguridade e primeiros auxilios.

A asistencia a eles será voluntaria e gratuíta para o persoal.

Así mesmo, facilitarase no posible, mediante a adaptación do horario de traballo, a asistencia do persoal a cursos de formación que, pola súa iniciativa, desexe realizar.

Permitirase, na medida do posible, a realización de prácticas a fillos do persoal con titulación de FP II nas especialidades de mecánica, electricidade e electrónica, durante o período de vacacións xerais da empresa. Proporcionaráselles unha bolsa como axuda de manutención e traslado.

Constitúese unha comisión consultiva e de seguimento do plan de formación e de negociación de subvencións coa Administración.

Esta comisión estará formada por tres membros do comité de empresa e tres membros representantes da dirección e establecerá un calendario de reunións para seguimento do dito plan.

O persoal que, por necesidades da empresa, realice formación fóra do seu horario de traballo, percibirá unha axuda de custos compensatoria de gastos de desprazamento e manutención, en contía equivalente a 650 ptas. máis plus de transporte, a partir do 1-4-1996.

Artigo 43º.-Bolsas.

A empresa concederá en 1996 e 1997 bolsas de estudio por un importe total de 4.135.000 ptas. e 4.280.000 ptas. respectivamente, para:

-Carreiras superiores.

-Carreiras medias.

-Estudios EXB, BUP e COU.

-Estudios de formación profesional de 1º e 2º grao.

-Outros estudios.

Atenderanse, en primeiro lugar, as solicitudes para estudios propios do persoal e destinaranse a cubrir gastos de matriculación e textos base do curso de que se trate. No caso de quedaren bolsas de estudio sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos de traballadores que aprobasen a totalidade das disciplinas no mes de xuño, segundo o seguinte criterio en función dos grupos de estudios considerados:

Grupo 1: EXB.

Grupo 2: BUP-COU-FP.

Grupo 3: carreiras medias e superiores.

As bolsas de estudio terán a proporción 3, 2, 1.

I: proporcional a 3, para o grupo 3.

II: proporcional a 2, para o grupo 2.

III: proporcional a 1, para o grupo 1.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo resgardo da matrícula e a factura dos libros e material de ensino para os estudios indicados.

Para a selección de solicitudes crearase unha comisión paritaria composta por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección, que actuará segundo as normas establecidas en convenio.

Artigo 44º.-Seguros.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que por necesidades do servicio teña que desprazarse a unha localidade distinta da súa residencia habitual.

Continuará o seguro colectivo de vida existente con cargo á empresa, e que comprende todo o persoal

dela. O capital asegurado será equivalente ó salario anual, tomando o nivel de 1 de xaneiro de cada ano.

As coberturas deste seguro serán:

a) Morte natural: aboamento do capital asegurado.

b) Morte por accidente, incluído o de circulación: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

c) Invalidez permanente total: aboamento do capital asegurado.

d) Invalidez permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

e) Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

Esténdese, así mesmo, a cobertura deste seguro ás persoas en situación de invalidez provisional ata o tempo máximo previsto no artigo 133.1º d) do Decreto 2065/1974, do 30 de maio. Para isto é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias.

Nestes casos os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan o 1 de xaneiro do ano en que se iniciou a situación de invalidez provisional.

Artigo 45º.-Mutualidade de previsión social.

A aportación mensual (12 meses ó ano) da empresa á mutualidade de previsión social de Indugasa durante a vixencia do presente convenio colectivo será de 615 ptas. en 1996 e 637 ptas. en 1997 por efectivo existente no cadro de persoal o último día de cada mes, para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos vixentes o 31-12-1992, coas seguintes modificacións:

a) Prestación de incapacidade temporal por hospitalización desde o primeiro día.

b) Prestación de I.T. a partir do quinto día se a media de absentismo dos tres meses anteriores na empresa por esta continxencia é inferior ó 3,5%. En caso contrario, a partir do décimo día.

c) Creación dun fondo de aforro/xubilación.

Os puntos a) e b) serán de aplicación a partir do 1-4-1996.

Ademais, a empresa achegará á mutualidade:

1) Unha asignación anual en concepto de axuda complementaria para gastos de xestión, durante a vixencia do convenio, de 1.500.000 ptas. pagadoiras a razón de 375.000 ptas. trimestrais, sempre que no trimestre anterior o absentismo por I.T. non supere o 3,5%.

2) En 1996 a cantidade de 1.700.000 ptas. por aplicación da fórmula establecida na acta nº 10 deste convenio colectivo.

En 1997 a cantidade que se determine en xaneiro do dito ano con idéntico criterio de cálculo.

3) A cantidade de 6.500.000 ptas. en concepto de aportación extraordinaria á creación do fondo de aforro/xubilación, que se fará efectiva no momento da súa constitución.

Artigo 46º.-Préstamos para compra de vehículos.

En 1996 e 1997 destinarase a cantidade de 4.900.000 ptas. e 4.600.000, respectivamente, recuperadas do fondo creado en 1981, como dotación para préstamos destinados á adquisición de vehículos para uso persoal, tanto novos como usados.

As características destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo vehículo novo: 500.000 pesetas.

-Importe máximo vehículo usado: 30% do valor do coche adquirido co límite máximo de 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 5 anos máximo.

-Xuros: 4,5%.

Normas para a concesión.

1. Destínanse á compra de vehículos adquiridos no ano actual.

2. Establecerase unha única convocatoria destinada ós vehículos comprados do 1-1 ó 31-12 de cada ano. As solicitudes deberanse presentar entre o 1 e o 15 de xaneiro do ano seguinte.

3. O vehículo estará matriculado a nome do solicitante.

BaremoPuntos

Carecer de vehículo polo menos os últimos 6 meses do ano anterior13
Sinistro total12
Vehículo máis antigo das solicitudes presentadas12
Por cada ano de menor antigüidade-1
Importe vehículo novo (sen seguro)< 1.500.000 ptas.10
Id.Ata 1.600.000 ptas.9
Id.Ata 1.700.000 ptas.8
Id.Ata 1.800.000 ptas.7
Id.Ata 1.900.000 ptas.6
Id.Ata 2.000.000 ptas.5
Id.Ata 2.100.000 ptas.4
Id.Ata 2.200.000 ptas.3
Id.Ata 2.300.000 ptas.2
Id.Ata 2.400.000 ptas.1
Id.> 2.400.000 ptas.0
2º vehículo uniade familiarDenegado

A suma dos puntos obtidos por estes conceptos dará a orde de adxudicación dos préstamos.

En caso de empate daráselle preferencia ó solicitante con maior antigüidade na empresa.

Para a selección de préstamos crearase unha comisión paritaria composta por tres membros do comité de empresa e tres representantes da dirección, que actuarán segundo as normas establecidas en convenio.

Documentación acreditativa que se presentará:

-Fotocopia da documentación do vehículo actual, se o posúe.

-Fotocopia da documentación do vehículo adquirido.

-Factura do vehículo adquirido ó seu nome.

Artigo 47º.-Anticipos para compras no economato.

Para realizar compras no economato concederánselles anticipos ós traballadores da empresa que o soliciten, que se descontarán na forma habitual.

As contías dos anticipos serán:

-Familia numerosa: 52.500 ptas.

-Demais traballadores: 42.000 ptas.

Este artigo, segundo o prevido no parágrafo 1 do artigo 4º deste texto, inicia a súa vixencia o 1 de abril de 1996.

Artigo 48º.-Seguridade e saúde.

Defínese o comité de seguridade e saúde de G.K.N. Indugasa como o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de accidentes, no marco da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

O comité de seguridade e saúde será consultado previamente á introducción de novas tecnoloxías, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puidesen ter para a seguridade e saúde dos seus traballadores, derivadas da elección dos equipos, a determinación e a adecuación das condicións de traballo e o impacto dos factores ambientais no traballo. Así mesmo recibirá información das materias primas utilizadas no proceso productivo e as consignas de identificación, manipulación e primeiros auxilios en caso de accidente; dos resultados dos estudios medioambientais que se realicen e, moi especialmente, do mapa de ruídos; así como do resultado global dos recoñecementos anuais.

Os delegados de prevención, como representantes dos traballadores no comité de saúde laboral, con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo, serán designados polo comité de empresa.

O comité de seguridade e saúde disporá do tempo preciso para o eficaz exercicio das súas funcións e poderá solicitar, por proposta de calquera dos seus membros, a colaboración dos servicios técnicos da empresa, organismos oficiais e asesores externos. Este comité celebrará mensualmente unha reunión de tódolos seus membros.

Protección de traballadores especialmente sensibles a determinados riscos.

G.K.N. Indugasa garantirá a protección de traballadores que, polas súas características persoais, estado biolóxico, situación de discapacidade física, psíquica ou sensorial, sexan especialmente sensibles ós riscos derivados do traballo. O servicio de prevención

avaliará os riscos dos postos que se vaian ocupar en función das limitacións do persoal e adoptará as medidas preventivas e de protección adecuadas, segundo o teor do previsto na L.P.R.L. vixente. Do estudio resultante daráselle conta ó comité de seguridade e saúde.

Título VI

Acción sindical

Artigo 49º.-Crédito horario.

As convocatorias por iniciativa da dirección non se imputarán sobre o crédito a que se refire o artigo 68 e) da Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Artigo 50º.-Información sobre acción disciplinaria

O comité de empresa será previamente informado á imposición de todo tipo de sanción.

Artigo 51º.-Procedemento de resolución de conflictos.

A representación dos traballadores e a empresa obríganse a someter á comisión constituída para o efecto todas aquelas diverxencias que poidan ser obxecto de proposta de conflicto colectivo. As ditas diverxencias, debidamente documentadas, serán obxecto de estudio da comisión ó longo das reunións que ámbalas partes xulguen precisas nun prazo máximo de 3 días, co fin de ter un exhaustivo coñecemento do tema. As resolucións desta comisión non serán vinculantes, salvo acordo por unanimidade. En caso de desacordo, queda salvagardada a tutela xudicial efectiva.

A dita comisión estará constituída por un membro de cada unha das seccións sindicais con presencia no comité de empresa, que terá que reunir necesariamente a condición de membro de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos membros da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica do 29-6-1970 se aplicará a título de dereito dispositivo en canto que as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisprudencia laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se deben reuni-las partes contratantes a través das súas respectivas comisións negociadoras.

DECLARACIÓN DA DIRECCIÓN SOBRE POLÍTICA DE PRODUCCIÓN E EMPREGO

(Asumida en acta do 3-4-1995 e ratificada)

O futuro de G.K.N. Indugasa pasará pola satisfacción do cliente, a través da participación de todo o persoal,

para o cal o mantemento do emprego é considerado fundamental.

No caso de as circunstancias do mercado aconsellaren unha reducción dos recursos humanos, a dirección comprométese a proporlles ós representantes do persoal as medidas legais adecuadas, baixo o principio de minimiza-lo impacto sobre o cadro de persoal fixo por medio dunha actuación prioritaria sobre a contratación temporal, as subcontratas e o persoal pertencente a empresas de traballo temporal.

ACORDOS PARA A MODERNIZACIÓN DE G.K.N. INDUGASA

1. Introducción.

O presente documento está baseado na experiencia acumulada no estudio, implantación e consolidación da célula piloto, no documento acordado no seu día cos representantes dos traballadores, documento proposta presentado pola parte social, e nas reunións e discusións con eles mantidas, todo isto congruente co principio de garanti-lo emprego, presente e futuro. Os presentes acordos serán introducidos no convenio colectivo, salvo modificación ou revisión decidida con acordo de ámbalas partes.

Os artigos contidos neste documento poderán ser modificados despois da súa introducción no convenio colectivo, por acordo de ámbalas partes, sendo de aplicación inmediata e introducidos no seguinte convenio.

2. Organización da producción.

Consecuentemente co plan técnico de modernización, a organización da producción será a través do sistema de células, que terán como base fundamental o traballo en equipo. Esta nova forma de organización da producción debe conducir a mellora-los seguintes aspectos da nosa actividade.

a) A competitividade:

-Mellorando o consumo de materiais.

-Mellorando o consumo de ferramentas.

-Mellorando o nivel de calidade.

-Mellorando a productividade.

-Mellorando a capacidade do investimento.

-Mellorando o nivel profesional do persoal.

b) A seguridade:

-Mellorando as actividades de prevención.

-Corrixindo as causas de accidentes.

c) As condicións de traballo:

-Mellorando a manipulación de pezas.

-Diminuíndo o nivel de ruídos.

-Mellorando a orde e a limpeza.

d) O contido do traballo:

-Enriquecéndoo.

e) A adaptación á demanda:

-Facendo a organización máis flexible.

3. Conformación do equipo de traballo.

O equipo de traballo estará formado por un coordinador e a dotación adecuada, para facer fronte ás tarefas e obxectivos comúns a eles encomendados e que están ligados ós xerais da empresa.

Calquera traballador ou colectivo poderá formar parte do equipo, logo de acordo empresa-comité.

Ningún traballador por falta de capacidade de adaptación ou por falta de formación quedará excluído de formar parte destes equipos.

3.1. O coordinador.

-Será designado pola dirección.

-Dirixe o grupo cara á consecución dos seus obxectivos.

-É o contacto natural co servico técnico da UP.

-Toma unha posición activa de axuda ó grupo para resolve-las súas dificultades (incluíndo a substitución dalgún membro cando o considere preciso), e consegui-los obxectivos de forma máis confortable.

-Debe ter, entre outras, as seguintes cualidades:

-Coñecementos técnicos.

-Experiencia.

-Capacidade para delegar, escoitar e motivar

-Capacidade para aprender e ensinar.

-Capacidade para decidir e ser bo exemplo para o equipo.

3.2. Tarefas e obxectivos do equipo da célula.

O equipo ten tarefas e obxectivos comúns a tódolos seus membros, esperándose de todos eles unha participación activa.

O obxectivo é conseguir na medida das capacidades das persoas e no prazo adecuado o grao de polivalencia suficiente para que tódolos membros sexan capaces de realiza-lo conxunto completo de tarefas, a saber:

-Cumpri-la demanda de producción.

-Cambiar de ferramenta e máquina.

-Reparar avarías básicas e mantemento preventivo.

-Progresar na súa formación.

-Mellora continua:

-Eficiencia da instalación.

-Reducción de horas de avaría.

-Calidade do producto.

-Custos.

-Etc.

-Orde e limpeza.

-Seguridade e hixiene.

-Prevención.

-Reducción de accidentes.

Non obstante, e dada a realidade do diferente grao de coñecementos e experiencia dos diversos compo

ñentes do equipo, cada individuo deberase dedicar en cada momento a aquelas tarefas nas que a súa aportación contribúa máis eficazmente ó logro dos obxectivos comúns.

O persoal que actualmente realiza a función de regrador focalizará máis intensamente a súa atención en:

-Cambios complexos de ferramenta e máquina.

-Elaboración de gamas de posta a punto e regraxe.

-Formación do equipo en:

-Uso correcto de instalacións.

-Cambio de equipo e máquinas de acordo co plan de polivalencia establecido.

-Optimización dos parámetros de traballo na instalación.

-Mantemento, seguimento e correcta utilización dos medios de control.

-Participación nos plans de mellora.

-Auto-formación na reparación de avarías sinxelas..

O persoal que realiza a función de afiadura pasará a formar parte das células onde se requira esta función, e as necesidades de afiadura serán realizadas prioritariamente por eles. Ademais focalizará máis intensamente a súa atención en:

-Optimización do seu uso.

-Forma-lo equipo no correcto aproveitamento e uso.

-Optimizar prerregraxes.

-Propostas de mellora de ferramenta.

-Participación en plans de mellora.

-Formarse para mellora da súa polivalencia e en todas aquelas tarefas que redunden en beneficio do equipo..

O persoal de metroloxía que actualmente realiza funcións de asistencia a fabricación, concentrarase basicamente en:

-Cambio de equipos.

-Formación do equipo en coñecemento e uso dos medios de control.

-Mantemento dos medios.

-Realización de estudios R&R.

-Medición de prototipos.

-Participación en plans de mellora.

-Formarse para a mellora da súa polivalencia.

-Tomar unha posición activa, de axuda ó grupo para resolve-las súas dificultades e consegui-los seus obxectivos.

-Se-lo medio natural de conexión co servicio de metroloxía.

O persoal de mantemento (eléctricos e mecánicos) que actualmente realiza estas funcións nas U.P. concentrarase basicamente en:

-Fiabilización de instalacións.

-Reparación de avarías da súa especialidade.

-Implantación de ideas de mellora.

-Mantemento preventivo.

-Formación do equipo en:

-Mantemento preventivo.

-Reparacións sinxelas.

-Formarse en reparacións de avarías doutras especialidades.

-Será o medio natural de conexión co staff e co mantemento centrol dentro da súa área.

-Tomar unha posición activa de axuda ó grupo para resolve-las súas dificultades e consegui-los seus obxectivos.

Para que o equipo poida realmente responder ás tarefas encomendadas, terá autoridade para xestionar:

-Reparto interno de tarefas.

-Descanso segundo 4.

-A ferramenta.

-Consumo.

-Optimización.

-Os consumibles:

-Aceites.

-Luvas.

-Etc.

-O seguimento do planning.

-Realiza-las reunións do equipo.

-A confección de ratios:

-Calidade.

-Eficiencia.

-Polivalencia.

-Tempo de cambio.

-Cpk.

-Seguridade.

-Etc.

4. Xornada de traballo.

-De acordo co estipulado no convenio colectivo, será de 7 h 45 min.

-En circunstancias normais, e sempre que se cumpran os obxectivos, os membros do equipo disporán de 15 min. ó final da xornada para o seu aseo persoal, máis os 30 min. que por descanso puidesen desfrutar ó longo da quenda.

-Dentro da xornada de traballo, o persoa disporá de 30 min. de descanso para saír do seu posto de traballo.

Para as células de montaxe manuais, o descanso será de 30 a 45 minutos en función da automatización.

No caso anormal de que nunha célula a esixencia física aconsellase a aplicación de maiores tempos de descanso, realizaranse os estudios pertinentes para anula-la orixe da anomalía, aplicándose, entrementres, o descanso que os equipos técnicos xulgasen conveniente.

As discrepancias, se as houber, trataranse na comisión correspondente.

-O equipo autorregularase este período de acordo cos seguintes criterios:

-Aínda sendo de disposición ó longo de toda a xornada, só se poderán acumular 15 minutos para o final desta, cando se prevexa non cumpri-los obxectivos.

-Non se perturbará a marcha do equipo cara á consecución dos obxectivos.

-En casos especiais (avarías, anomalías ...) nos que haxa dificultade para a consecución dos obxectivos, o equipo, xunto co coordinador, organizará os descansos co fin de facilita-la súa obtención.

5. Polivalencia e formación.

O obxectivo é conseguir na medida das capacidades das persoas e no prazo adecuado o grao de polivalencia suficiente para que tódolos membros do equipo sexan capaces de realiza-lo conxunto completo de tarefas asignadas.

Para o conseguir, a formación é unha ferramenta clave que enriquece a persoa e o seu traballo.

Para facilita-lo progreso individual, así como o nivel de formación do equipo, establecerase un planning e obxectivos de polivalencia e rotación de posto que será realizado polo equipo e a U.P.

O dito planning debe ter como obxectivo o progreso da formación e a polivalencia, así como o cumprimento dos obxectivos da célula.

Este planning terá en conta aqueles casos en que un compoñente do equipo que chegase ó máximo da súa polivalencia nunha célula poida continua-la súa formación noutra célula así como o cumprimento dos seus obxectivos.

Para cada equipo establecerase un planning de formación que, adecuándose ás súas necesidades, abarcará as seguintes áreas:

-Coñecemento dos medios da célula.

-Saúde laboral.

-Máquinas.

-Medios de control.

-Ferramentas.

-Mantemento.

-Mantemento preventivo.

-Pneumática.

-Calidade.

-Producto.

-CNC.

-Coñecementos de:

-Mecánica.

-Electricidade.

-Electrónica.

-Metroloxía.

-Etc.

O comité será informado previamente dos plans de formación, con facultade de facer proposicións e observacións.

Non existirá discriminación de ningún traballador en razón das súas menores capacidades e realizarase un maior esforzo na integración destas persoas.

Co obxecto de acelera-lo ritmo de adquisición de novas capacidades profesionais do persoal, aproveitarase a dispoñibilidade de medios en fins de semana para a formación práctica.

Cando a formación sexa fóra de horas de traballo, será voluntaria, aboándose a axuda de custos compensatoria de gastos de desprazamento e manutención en vigor.

A inscrición ou aceptación de asistencia a un curso de formación implica a obriga de asistencia a el, salvo xustificación.

6. Comisión paritaria de células.

Crearase unha comisión paritaria de N.S.T. composta por tres membros do comité de empresa e tres membros representantes da dirección.

De entre e polos compoñentes da comisión elixirase un presidente e un secretario, os cargos dos cales recaerán en membros de ámbalas representacións.

Tódolos membros da dita comisión disporán de 20 horas retribuídas ó mes para o desempeño das súas funcións. Non obstante, se a importancia dos asuntos por tratar así o aconsellan, a empresa facilitará a ampliación do número de horas.

Haberá dous tipos de reunións: ordinaria e extraordinaria. As ordinarias terán lugar unha vez ó mes e dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas por iniciativa xustificada de calquera das dúas representacións.

Terá funcións de seguimento dos acordos, acceso ós datos de interese para a súa función, establecer novos acordos e resolución das incidencias que fosen aparecendo.

Así mesmo, terá acceso ó seguimento do cumprimento dos plans de formación e polivalencia.

Os membros da comisión paritaria poderán asistir ás reunións dos equipos de célula, salvo oposición dalgún membro do equipo.

A comisión de saúde laboral será informada previamente de tódalas novas implantacións de células para coñecer e poder emitir observacións.

Tódalas reunións, tanto ordinarias como extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de anticipación, con indicación do lugar de reunión, día, hora e orde do día.

Con carácter permanente, nas reunións de información trimestral ó comité de empresa incluirase información sobre:

-A evolución da formación e polivalencia.

-A relación existente entre a capacidade das células e as necesidades de producción.

-Cálculo de necesidades de man de obra.

7. Documentación da célula.

Dentro da información existente en cada célula estará incluído:

-Capacidade teórica máxima.

-Polivalencia e obxectivos.

-Tempo ciclo de máquina.

-Tempo de descanso.

8. Observacións complementarias.

De acordo co espírito do punto 3, os colectivos que ata o de agora se inclúen neste acordo e que intervirán na formación dos equipos son:

-Persoal procedente de M.O.D. e Taux-Fix de fabricación.

-Afiadores.

-Regradores.

-Metroloxía.

-Mantemento.

9. Promoción e remuneracións.

9.1. Promoción.

A promoción do persoal no N.S.T. será función exclusivamente da polivalencia adquirida, demostrada practicamente mediante a correcta realización do traballo diario, séndolle, así mesmo, de aplicación o artigo 15º do convenio colectivo vixente nas súas alíneas c) e d).

En función da súa evolución profesional, o persoal quedará encadrado nas categorías que se relacionan a seguir, salvo as situacións máis beneficiosas, que se manterán.

A promoción á nova categoría producirase no mes en que o traballador alcance o nivel práctico requirido.

-Agrupacións de mecanizado.

Espta. B2. Incorporacións internas.

Espta. Cual. B2. Dominio das máquinas (saber traballar + self control + engraxamento) e cambio de ferramenta no 60% das máquinas da agrupación.

Espta. Cual. A2. Dominio de tódalas máquinas da agrupación, incluíndo cambio de ferramentas e o cambio de referencia no 60% delas.

Of. 3ª B2. Dominio de tódalas máquinas da agrupación, incluíndo cambio de ferramentas e referencia.

Of 2ª B2. Cambio de referencia en dúas agrupacións de diferente familia da mesma U.P., ou exame teórico e demostración práctica da súa capacitación nunha área diferente á da súa especialidade (áreas: mecánica, electrónica, electricidade, metroloxía, cambios).

Of. 1ª B2. Cambio de referencia en tódalas agrupacións da U.P. ou exame teórico e demostración práctica da súa capacitación nunha área diferente á da súa especialidade (áreas: mecánica, electrónica, electricidade, metroloxía, cambios).

-Agrupacións de montaxe.

Espta. B2. Incorporacións internas.

Espta. Cual. B2. Saber traballar nunha agrupación.

Espta. Cual. A2. Saber traballar en dúas agrupacións.

Espta. Cual. A1. Saber traballar en tódalas agrupacións.

Of. 3ª B2. Saber traballar en tódalas agrupacións, cambiar de referencias, facer reparacións sinxelas de mantemento e saber ensinar.

-Agrupación de cementación.

Espta. B2. Incorporacións internas.

Espta. cual B2. Manipulador.

Of. 3ª B2. Conductor de fornos.

-Detalle das agrupacións.

Unha célula pode estar constituída por unha ou varias das agrupacións seguintes:

-Desbaste de gaiola- Tulipa GI aberta.

-Desbaste de noz- Terminais de árbore.

-Tulipa GI dereita- Desbaste de mangueta.

-Tulipa GI esquerda- Rectificado de mangueta.

-Árbore Ford-Chrysler- Rectificado de noz.

-Rectificado de gaiola- Montaxe transmisión Ford.

-Montaxe Chrysler- Cementación.

-Familias.

Teñen a consideración de familia productos diferentes, como por exemplo, noz, gaiola, mangueta desbaste, mangueta rectificado, tulipa, árbore, etc., así como procesos tecnolóxicos claramente diferenciados.

9.2. Remuneración.

Todo o persoal incorporado ós N.S.T. percibirá, ademais do salario convenio correspondente á súa categoría, unha prima de producción que nos anos 1996 e 1997, respectivamente, para os oficiais establécese en 341,07 ptas./hora e 353,01 ptas./hora e para os especialistas en 393,34 ptas./hora e 407/11 ptas./hora, equivalente a Kb 1,33 cualficación 6.

A mencionada prima procede do Kb 1,33 que a partir da data será fixo e independente da producción realizada, e dunha cualificación de posto que valoraba os conceptos de complexidade, responsabilidade, fatiga, etc. fixada en 6 para tódalas células despois dos estudios pertinentes.

10. A transición.

10.1. Obxectivo.

Sendo clave que a modernización da empresa se realice coa maior velocidade posible, parece conveniente comezar desde agora a realiza-la adaptación dos medios técnicos e as persoas ó traballo en equipo do sistema células, así como mellorar no posible o nivel profesional.

10.2. Proceso.

A adaptación realizarase de maneira gradual mediante a creación de agrupacións nas que se aplicarán os mesmos criterios que en células no que se refire a:

-Polivalencia.

-Formación.

-Descansos.

-Xornada de traballo.

-Conformación do equipo.

-Remuneración.

Na creación das agrupacións manterase o persoal habitual sempre que se adecue á carga de traballo.

10.3. Organización da producción.

Está baseada no traballo en equipo con tarefas e obxectivos comúns.

Pasarase unha declaración individual da producción a unha declaración (común para todo o equipo) das pezas realizadas na última operación.

Declararase a presencia individual e total.

ANEXO

-Xubilacións.

A empresa estará aberta a propostas que faga o comité relativas a xubilacións anticipadas.

-Metroloxía.

A incorporación ó equipo do persoal que realiza as funcións de asistencia a fabricación será:

1) Voluntarios.

2) Os máis modernos dentro do colectivo.

Se o servicio de metroloxía nalgún momento necesitase incorporar persoal, terá preferencia, sempre que non se prexudiquen os proxectos en que está involucrado o persoal deste servicio que pasase a formar parte destes equipos.

Tamén asistirá ós cursos de formación na área de metroloxía, cando se impartan estes.

No momento da súa incorporación axustarase o seu salario ó propio da súa categoría, nivel B2, salvo que estivesen posición superior, que manterá.

-Categoría profesional.

A categoría profesional manterase para tódolos efectos, tanto no rexistro xeral anual do persoal e recibo de salario.

-Regradores.

A comisión paritaria coñecerá previamente tódolos casos de persoal deste colectivo que se vaia integrar nos equipos que se integrase no cadro de persoal da empresa como profesional e categoría de oficial de 3ª, para os efectos de emiti-las súas observacións.

No momento da súa incorporación axustarase o seu salario ó propio da súa categoría, nivel B2, salvo que estivese en posición superior, que manterá.

-Afiadores.

Terá preferencia a maior antigüidade deste persoal na función para incorporarse ás células con maiores necesidades de traballo da súa especialidade.

-Outros colectivos.

Calquera colectivo ou grupo que se integre no NST con posterioridade e logo de acordo empresa-comité de empresa, será encadrado nas condicións xerais ou particulares definidas no presente documento.

-Espírito do punto 3.2. dos acordos (tarefas e obxectivs do equipo da célula).

É vontade de G.K.N.-Indugasa que o persoal procedente dos colectivos de mantemento, metroloxía e regradores manteñan impulsen a súa profesionalidade a través da formación continua necesaria e a súa dedicación ás tarefas da súa especialidade.

3473