Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.467

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xuño de 1996 pola que se declaran aptos na fase de prácticas ós opositores que superaron o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995.

Pola Orde de 20 de setembro de 1995 foron nomeados funcionarios en prácticas do corpo de

mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril).

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) os opositores que figuran no anexo da Orde do 20 de setembro de 1995.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4971