De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei e unha vez designados polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xuño de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Cesan como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:
1º.-En representación da Administración educativa designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:
-Luis Framil Álvarez.
-Antonio Peleteiro Fernández.
-Juan José Bértolo Cadenas.
2º.-En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ó ámbito de ensino non universitario de Galicia:
b) Ensino privado.
-Mª Jesus Juanatey Málvarez (Confederación Intersindical Galega, CIG).
3º.-En representación dos alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións de alumnos, en proporción á súa representatividade:
-David Regades Fernández (Federación de Asociacións de Xoves Estudiantes Galegos, FAXEG).
-Xosé R. Rico Saavedra (Federación de Asociación de Alumnos Sindicato de Estudiantes de Galicia).
-María Rivas López (Federación de Asociacións de Xoves Estudiantes Galegos. FAXEG).
4º.-En representación da Administración local, propostos polas federacións ou asociacións de concellos:
-Manuel Varela Rey (Concello de Carballo).
Artigo 2º
Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:
1º.-En representación da Administración educativa designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:
-Severino Somoza Gómez.
-José Luis Mira Lema.
-Máximo García Serrano.
2º.-En representación dos profesores nos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non universitario de Galicia:
b) Ensino privado.
-Armindo Francisco Mera (Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia, FESIE - GALICIA).
3º.-En representación dos alumnos propostos polas confederacións ou federacións de asociacións de alumnos, en proporción á súa representatividade:
-Beatriz Sierra Santos (Federación de Asociacións de Xoves Estudiantes Galegos, FAXEG).
-Marcos Maceiras Eiras (Comités Abertos de Estudiantes, CAE).
-Anxo Iglesias Covelo (Comités Abertos de Estudiantes, CAE).
4º.-En representación da Administración local, propostos polas federacións ou asociacións de concellos:
-José Manuel Martínez García (Concello de Boqueixón).
Disposición derradeira
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte de xuño de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
4941