Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.448

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 265/1996, do 12 de xuño, polo que se nomean varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8.3º e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Noméanse como membros, titulares ou suplentes, do Consello Económico e Social de Galicia, de acordo coa proposta da organización que se sinala, as persoas seguintes:

CC.OO. de Galicia.

Titulares:

Marijé Díaz Sánchez

Eduardo Fernández Pérez

Suplentes:

Luis Alba Álvarez

Rafael Sánchez-Fernández García

Santiago de Compostela, doce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

4951