Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.448

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 264/1996, do 12 de xuño, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo 3º, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime

interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada polas organizacións correspondentes,

DISPOÑO:

Que cesen como membros, titulares ou suplentes, do Consello Económico e Social de Galicia, de acordo coa proposta das organizacións que se sinalan, as persoas seguintes:

U.G.T. de Galicia:

Titular: Jesús Mosquera Sueiro.

Suplente: Manuel Ferreiro Mosquera.

CC.OO. de Galicia:

Titular: Luis Alba Álvarez.

Suplente: Eduardo Fernández Pérez.

Santiago de Compostela, a doce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

4953