Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.444

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO PARA AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1432/1996, do 7 de xuño, de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia de medios persoais adscritos ó Hospital Militar da Coruña.

O Estatuto de autonomía para Galicia aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no seu artigo 33 que lle corresponde á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior. Tamén se establece que a Comunidade Autónoma poderá organizar e administrar para tales fins e dentro do seu territorio tódolos servicios relacionados coa materia antes expresada e exercerá a tutela das institucións entidades e fundacións en materia de sanidade reservando o Estado para si a alta inspección conducente ó cumprimento das funcións e competencias contidas neste artigo.

En consecuencia, procede efectua-lo traspaso á citada Comunidade Autónoma dos medios persoais adscritos ó Hospital Militar da Coruña.

A comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia para proceder ó referido traspaso adoptou ó respecto o oportuno acordo na súa reunión do Pleno celebrado o día 21 de decembro de 1995 a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 7 de xuño de 1996,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia sobre traspaso de medios persoais adscritos ó Hospital Militar da Coruña á Comunidade Autónoma de Galicia adoptado polo Pleno da dita comisión na súa reunión do día 21 de decembro de 1995 que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia os medios persoais e créditos orzamentarios correspondentes nos termos que resultan do propio acordo e das relacións anexas.

Artigo 3º

Este traspaso será efectivo a partir da data sinalada no acordo da comisión mixta sen prexuízo de

que o Ministerio de Defensa produza ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen de conformidade coa relación número 2 do anexo serán dados de baixa nos correspondentes conceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado destinados a financia-lo custo dos servicios asumidos polas comunidades autónomas unha vez que sexan remitidos ó departamento citado por parte do Ministerio de Defensa os respectivos certificados de retención de crédito co fin de dar cumprimento ó disposto na normativa vixente sobre orzamentos xerais do Estado para 1996.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia e adquirirá vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid o 7 de xuño de 1996.

Xoán Carlos R.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín secretarios da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía de Galicia.

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da comisión celebrada o día 21 de decembro de 1995 se adoptou acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos medios persoais adscritos ó Hospital Militar da Coruña nos termos que a seguir se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais estatutarias e legais nas que se ampara o traspaso.

O Estatuto de autonomía para Galicia establece no seu artigo 33 que lle corresponde á Comunidade Autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior. Tamén se establece que a Comunidade Autónoma poderá organizar e administrar para tales fins e dentro do seu territorio tódolos servicios relacionados coa materia antes expresada, e exercerá a tutela das institucións, entidades e fundacións en materia de sanidade reservando o Estado para si a alta inspección conducente ó cumprimento das funcións e competencias contidas neste artigo.

Finalmente a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982 do 26 de febreiro establecen as normas que regulan a forma e condicións a que se teñen que axusta-los traspasos de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

Sobre estas bases normativas procede efectua-lo traspaso dos medios persoais adscritos ó Hospital Militar da Coruña.

B) Medios persoais obxecto de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia.

1. O persoal que se traspasa adscrito ós servicios a xestión dos cales exercerá a Comunidade Autónoma de Galicia, aparece citado nominalmente na relación adxunta número 1. O dito persoal pasará a depender da Comunidade Autónoma nos termos pervistos na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública e demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican nas relacións citadas e constan en todo caso nos seus expedientes de persoal.

2. A Subsecretaría do Ministerio de Defensa notificaralles ós interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa tan pronto como o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto. Así mesmo remitiráselles ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os expedientes deste persoal así como os certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas por eles.

c) Valoración das cargas financeiras dos servicios traspasados.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que en pesetas de 1990 corresponde ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 324.330.572 pesetas.

2. O financiamento en pesetas de 1996 que corresponde ó custo efectivo anual, é a que se recolle na relación número 2.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 2 financiarase da seguinte maneira:

Transitoriamente ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado o custo total financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado dos créditos relativos ós distintos compoñentes do dito custo polos importes que se determinen susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada Lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio a que se refire o parágrafo anterior respecto do financiamento dos servicios transferidos serán obxecto de regularización ó peche do exercicio económico mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes ante unha comisión de liquidación que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

d) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aprobe este acordo.

e) Data de efectividade do traspaso.

O traspaso de medios obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día seguinte ó de entrada en vigor do real decreto polo que se aprobe o acordo.

E para que conste expedímo-la presente certificación en Madrid o 21 de decembro de 1995.

Os secretarios da comisión mixta Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín.

Relación número 1

Persoal laboral que se traspasa

Relación número 2

Valoración do custo efectivo correspondente ó traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de medios persoais adscritos ó Hospital Militar da Coruña (1996).

Ministerio de Defensa.

Servicio 12. Dirección Xeral de Asuntos Económicos do Exército de Terra.

Programa 412B. Asistencia Hospitalaria das Forzas Armadas.

Capítulo I

ArtigoSubconceptosPesetas

13130.00
130.01
131
16160 355.495.570

117.313.538

Total custo efectivo...472.809.108

4952