Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de caza 96/0042.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 49 do Regulamento de caza, en relación co Real decreto 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte o da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e pare achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, pare estes efectos, o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle seran facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 22 de maio de 1996.

Rogelio Aramburu Núnez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-96/0042.

Denunciado: Alfonso Espasandín Pombo.

DNI: 52.432.532.

Último enderezo coñecido: San Lois, La Colina, Ardana, Carballo.

Feitos denunciados: non impedir que os seus cans propios vaguen sen control nun terreo de réxime cinexético especial, en época de veda.

Tipificación. Lei de caza: Artigo: 48.2º 24.

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.