Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 28 de xuño de 1996 Páx. 6.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación dos expedientes sancionadores I-95/96, I-113/96 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoacion de expediente sancionador (I-95/96, I-113/96) por infracción a Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algun dos supostos que determine o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación para que poida examine-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de inicación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8).

Pontevedra, 15 de maio de 1996.

Jose Luis Díez Yánez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: I-95/96.

Denunciado: Luis M. Lastra Palleiro.

Último enderezo coñecido: r/ Barcelona, 6. 28914 Madrid.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do regulamento da Lei I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento do Lei I.F.

Sanción: 50.000 ptas.

-Expediente: I-113/96.

Denunciado: Ramón Fondevila Troitiño.

último enderezo coñecido: Avda. Manuel del Palacio,16.36003 Pontevedra.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do regulamento da Lei I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do regulamento da Lei I.F.

Sanción: 50.000 ptas.