Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 27 de xuño de 1996 Páx. 6.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de explanación e urbanización do E.D. da Avda. de Galicia (Teis).

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 3 de xuño de 1996, o proxecto de urbanización reformado do E.D. da Avda. de Galicia, Teis (3911/401), formulado pola entidade Panmex, S.A. e redactado polo enxeñeiro de camiños Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez, con visados colexiais con datas 27 de marzo e 9 e 14 de maio de 1996, sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro de anuncios do concello, con notificación dos interesados.

Coa aprobación definitiva de proxecto de urbanización, os promotores da actuación deberán prestar fianza polo 100 por 100 do importe das obras de urbanización, que ascenden á cantidade de 36.384.151 ptas. (IVE incluído).

A aprobación definitiva deste proxecto de urbanización producirase automaticamente de non se

presentar alegación ningunha, sen necesidade de acordo expreso para o efecto.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información (pranta baixa da casa do concello) para exame e alegacións.

Vigo, 7 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4902