Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 27 de xuño de 1996 Páx. 6.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da moficiación do proxecto de urbanización U.E. III-05 Pastora.

O Pleno do Concello en sesión do día 3-6-1996 acordou o seguinte:

1. Aprobar icialmente a modificación do proxecto de urbanización da U.E. III-05 Pastora (expediente número 3980/401).

2. Coa aprobación definitiva do proxecto de urbanización os promotores da actuación deberán prestar fianza polo 100% do importe das obrsa de urbanización, que ascende á cantidade de 30.438.746 ptas. (IVE incluído).

3. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, un dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro oficial de edictos da casa do concello, con notificación ós interesados.

4. Declarar que a aprobación definitiva deste proxecto de urbanización se producirá automaticamente de non se presentar alegación ningunha ó presente acordo de aprobación inicial, sen necesidade de acordo expreso para o efecto, pero coa preceptiva publicación no BOP e comunicación ó órgano competente da Xunta de Galicia en materia urbanística (artigo 31.3º LASGA).

O que se fai público en cumprimento do punto 3 do acordo plenario, e signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeria publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópsae na Oficina Municipal de Información (baixo do concello).

Vigo, 1 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273