Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 27 de xuño de 1996 Páx. 6.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación definitiva da modificación puntual do PXOU para a recualificación dos terreos afectos á zona ferroviaria e equipamento ferroviario e obtención de terreos polo concello con destino a un centro intermodal de transportes, ou uso dotacional ou de fin público, equipamento comunitario e avenida Eduardo Pondal, en execución do convenio formalizado con Renfe.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 25 de abril de 1996, adoptou o seguinte acordo:

«Prestar aprobación definitiva de maneira parcial ó proxecto de modificación puntual do PXOU para a recualificación dos terreos de Renfe afectos á zona ferroviaria de equipamento ferroviario e obtención de terreos polo concello para centro intermodal de transportes ou uso dotacional ou de fin público, equipamento comunitario docente ou socio-asistencial e para a avenida Eduardo Pondal, en cumprimento do convenio formulado entre Renfe e este concello, sendo formulado o documento de modi

ficación do planeamento de ordenación integral do municipio pola citada empresa e redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro (Arteplán, S.L.).

Así mesmo, acordouse suspende-la ordenación proposta polo citado proxecto de modificación puntual en canto ás previsións relativas ó centro intermodal de transportes, afectadas polo informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 8-2-1996, procedendo, se é o caso, esta administración municipal, o cumprimento da concreción da conexión viaria exterior do centro intermodal de transportes como a súa financiación, ben mediante a reforma do proxecto, ben mediante a confección dun novo proxecto de modificación do PXOU de maior ámbito, someténdose en calquera caso á tramitación procedemental normativamente establecida».

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 27 de maio de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral

4892