Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.A.T. a 66 kV desde a Sub. de Portodemouros ata a Sub. de Silleda, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación de Portodemouros ata a futura subestación de Silleda, concellos de Vila de Cruces, Lalín e Silleda.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: liña de alta tensión, a 66 kV, de 17.790 m de lonxitude, con conductor tipo LA-180, sobre apoios metálicos e de formigón.
Orzamento: 158.224.160 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 31 de maio de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
4572