Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación Marilina número 2.658.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que, con data 2 de maio de 1996, se outorgou o permiso de investigación Marilina nº 2.658, de 27 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Agolada e Lalín, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 3 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4515