Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/384, R.C.I. 3.814).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Industrias Losan, S.A., co enderezo na Rúa Dr. Martínez Pardo, s/n, Seijo de Arriba-Lourdes, Municipio de Curtis (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Unha central de coxeración cunha potencia eléctrica total xerada de 14.850 kVA, composta de tres grupos motor-xerador das seguintes características:

-Tres motores de combustión interna alternativos de fuel oil/gasóleo, potencia de 5.000 kW cada un.

-Tres xeradores síncronos trifásicos de 4.950 kVA cada un, tensión de xeración 6 kV.

-Tres transformadores elevadores de 4,95 MVA cada un, r.d.t. 6/20 kV.

-Instalacións de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora e auxiliares de alta e baixa tensión para a propia factoría e instalacións complementarias de aproveitamento e calor.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 29 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-4658