Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/383, R.C.I. 16.615).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Aserpal, S.A., co enderezo na estrada Curtis-Labacolla P.K. 2, Lugar de Barbeito, concello de Vilasantar (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Unha central de coxeración cunha potencia eléctrica total xerada de 9.400 kVA, composta de dous grupos motor-xerador das seguintes características:

-Dous motores de combustión interna alternativos de fueloil/gasóleo, potencia de 4.846 kW cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 4.700 kVA cada un, tensión de xeración 6 kV.

-Dous transformadores elevadores de 4,7 MVA cada un, R.D.T. 6/20 kV.

-Instalacións de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora e auxiliares de alta e baixa tensión para a propia factoría e instalacións complementarias de aproveitamento e calor.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 29 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-4681