Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública a instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/32 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión nomeada L.M.T., C.T. y R.B.T. Casal-Noalla, concello de Sanxenxo.

Resultando que realizada a información pública que determina o D. 2617/1966, Manuel Lores Vidal en escrito de data 22-3-1996 presenta alegacións, nas que solicita a variación do trazado da liña que subministrará ó C.T. Casal-Noalla, para que non afecte a predios e coide o contorno paisaxístico, e resultando que trasladadas as alegacións a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.,a mesma reafírmase no trazado proxectado, por non existir prohibicións, dispoñer da autorización doutros afectados, e que o efecto paisaxístico non varía por ir a nova traza na mesma zona.

Considerando que a situación do centro de transformación se calcula no punto de equilibrio aproximado da zona, de acordo coas cargas existentes e previstas, para que a caída de tensión na R.B.T. estea equilibrada, o que só permite variacións pequenas, e que calquera variación supón a afección distinta para outros propietarios.

Considerando que se cumpriron os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e de acordo co disposto no Real decreto 1634/1980, sobre transferencias de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

L.M.T., aérea, a 20 kV, de 217 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio D.19-2 da L.M.T. ó C.T. de Noalla existente, rematando no C.T. que se proxecta en Casal-Noalla, concello de Sanxenxo. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220

V. R.B.T., aérea, de 298 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 28 de maio de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

96-4682