Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/65-1.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. de 1.000 kVA en centro comercial Porta Nova.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo, en dobre circuíto, con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al, con orixe na liña denominada Deporte Estadio (expediente 27164) e final no C.T. que se vai instalar denominado Porta Nova no Inferniño en Ferrol.

Centro de transformación en edificio comercial Porta Nova, de 1.000 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e conxunto de celas compactas en SF6 (2 celas de liña e 1 de trafo). Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas ale

gacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-4663