Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de acondicionamento da via rápida VRG 1.1 entre Vacariza e Rianxo e accesos á C-550. Clave: N/AC/95.2., concellos de Rianxo, Boiro e Ribeira.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia do 29 de maio de 1992, aprobouse o correspondente proxecto das obras de acondicionamento da Vía Rápida VRG 1.1 entre Vacariza e Rianxo e accesos a C-550. Clave: N/AC/95.2.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 17 de abril de 1996, declárase de urxencia a efectos de aplicación do procedemento que regula o Art. 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase ós propietarios e titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación expostas nos taboleiros de anuncios dos concellos de Rianxo, Boiro e Ribeira e na Delegación Provincial da Coruña, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan a continuación, co fín de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación deles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de que se trasladaren ó lugar dos predios se o considerasen necesario.

Lugar: Concello de Rianxo. O levantamento de actas será na Casa do Concello.

Día: 3 de xullo de 1996 de 10.30 a 12 horas.

Lugar: Concello de Boiro. O levantamento de actas será na Casa do Concello.

Día: 4 de xullo de 1996 de 10.30 a 12 horas.

Lugar: Concello de Ribeira. O levantamento de actas será na Casa do Concello.

Día: 5 de xullo de 1996 de 10.30 a 14.30 horas y de 17 a 19 horas.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titu

laridade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poderán ir acompañados á sua custa, se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na praza Luis Seoane, s/n, 8ª planta, 15071 A Coruña, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

A Coruña, 18 de junio de 1996.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

4852