Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 xuño 1996 pola que se anuncia a información pública do proxecto estación de medición de caudal do río Xubia en San Sadurniño.

Dirección Xeral de Obras Públicas aprobou o proxecto estación de medición de caudal do río Xubia en San Sadurniño, situada no concello de San Sadurniño e a apertura do expediente de información pública deste que se inicia co presente anuncio:

O obxecto do proxecto é a rehabilitación e mellora dunha estación de medición de caudal no río Xubia, xa existente na actualidade e constituída por unha tipoloxía antiga e de baixa calidade nas medicións, que resulta conveniente mellorar e modernizar preparando a devandita estación para un sistema automático de recollida de datos.

As obras de mellora que se van realizar localízanse no mesmo lugar no que se sitúa a estación de medición de caudal en servicio actualmente, que é o río Xubia en San Sadurniño (A Coruña).

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ó da data de inserción no DOG, co fin de que os que se consideran afectados polas obras, poidan presenta-las súas reclamacións ou observacións, durante o prazo sinalado, nas dependencias da Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, situadas nos edificios administrativos, San Caetano

s/n e na alcaldía de San Sadurniño, lugares onde estará a disposición o proxecto de referencia para que poida ser examinado por quen o dexese.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1996.

Emilio García Gallego

Director Xeral de Obras Públicas e Transportes

4879