Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto e o estudio de efectos ambientais da obra de: alargamento e mellora do trazado da estrada OU-204 do Carballiño a Cea. Tramo III: Cea-Fondo de Cea, p.k. 7+260 ó 9+700 (clave N/OU/87.1.3).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 21 de maio de 1996, o proxecto da obra: alargamento e mellora do trazado da estrada OU-204 do Carballiño a Cea. Treito III Cea-Fondo de Cea. p.k.

7+260 o 9+700 (clave: N-OU-87.1.3), sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante este servicio provincial de estradas as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. O citado proxecto pódese examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Xefatura Provincial de Estradas de Ourense.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no proxecto durante o período de 15 días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de medio ambiente de Galicia; estando a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Ourense e no Concello de Cea.

Orense, 11 de junio de 1996.

Xosé Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio de Estradas

4788