Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición dun inmoble sito na estrada de Portugal, s/n, Fondevila-Lobios (Ourense), para situa-la sede da xunta rectora do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

En cumprimento do disposto no artigo 18.2º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 46.2º do seu Regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns das peculiaridades do inmoble (situación nun punto estratéxico do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, antigüidade, arquitectura e dimensións da edificación) xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición do inmoble sito na estrada de Portugal, s/n, Fondevila-Lobios (Ourense).

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

4881