Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das obras que se citan (clave OH.532.296 e dúas máis).

A) Obra.

1. Mellora do abastecemento e sanemento en Vilar de Barrio (Ourense).

Clave: OH.532.296.

Orzamento: setenta e tres millóns setecentas oitenta e sete mil novecentas setenta e cinco pesetas (73.787.975).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Mellora de marxes nos ríos Lor e Sil nas instalacións náuticas e recreativas da área de Aguasmestas-Rairós (Quiroga-Lugo).

Clave: OH.427.257.

Orzamento: cincuenta e un millóns oitocentas corenta e sete mil novecentas trinta e unha pesetas (51.847.931).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Complementario número 1 da EDAR do río Lagares (Vigo-Pontevedra).

Clave: OH.336.350.

Orzamento: catrocentos noventa e oito millóns seiscentas setenta mil corenta e cinco pesetas (498.670.045).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 8, categoría f.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

P.D.(O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4853