Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.351

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativas á celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), de conformidade co apartado 7 da base sexta A), o tribunal fará públicos, unha vez comezadas as probas, os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das dirección provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada ó seu comezo.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose para iso expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición das correspondentes categorías, para a realización do segundo exercicio nos lugares, días, horas e quendas, se é o caso, que aparecen reflectidas no anexo da presente resolución.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte.

Terceiro.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima das citadas convocatorias.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO

-Categoría: cociñeiro.

Día 10 de xullo de 1996:

Ás 9 horas: de Amado Fernández, Avelina, a Domínguez Moreira, Álvaro.

Ás 15.30 horas: de Fernández Guerra, Jorge, a Martínez Cabana, Gumersindo.

Día 11 de xullo de 1996:

Ás 9 horas: de Moreira Castro, Victoria, a Riveira Baño, Mª Avelina.

Ás 15.30 horas: de Ruanova Mourullo, Mª José, a Vicente Álvarez, Rosa.

Lugar: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital Médico-Cirúrxico e Psiquiátrico de Conxo, no edificio do Hospital de Conxo, sito na rúa Ramón Baltar, s/n, en Santiago de Compostela.

-Categoría: mecánico.

Día 5 de xullo de 1996, ás 8.30 horas.

Lugar: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, sito na rúa Pizarro, 22, en Vigo.

-Categoría: electricista.

Día 11 de xullo de 1996: ás 8 horas.

Lugar: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital Médico-Cirúrxico e Psiquiátrico de Conxo, no edificio do Hospital Psiquiátrico de Conxo, sito na praza Martín Herrera, nº 2, en Santiago de Compostela.

-Categoría: telefonista.

Día 4 de xullo de 1996, ás 9 horas: de Álvarez Eiroa, Ana, a Pérez Romero, José Antonio.

Día 5 de xullo de 1996, ás 9 horas: de Riveras Díaz, Concepción, a Vispo Moreno, Mª Antonia.

Lugar: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital Xeral de Galicia-Gil Casares, no edificio do Hospital Xeral de Galicia, sito na rúa Galeras, s/n, en Santiago de Compostela.

-Categoría: calefactor.

Día 4 de xullo de 1996, ás 8 horas.

Lugar: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital Médico-Cirúrxico e Psiquiátrico de Conxo, no edificio do Hospital Psiquiátrico de Conxo, sito na praza Martín Herrera, nº 2, en Santiago de Compostela.

4782