Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.352

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996 pola que se lle pon termo á convocatoria aberta para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Valedor do Pobo, anunciados pola Resolución de 28 de marzo de 1996.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta institución por Resolución de 28 de marzo de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 73, do 15 de abril), de conformidade coas bases 6º e 7º desta, e en exercicio das atribucións contidas nos artigos 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e 10.2º da Lei 6/1984, do 5 de xuño, modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo, o Valedor do Pobo,

ACORDA:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes de administrativo-secretaría do Valedor do Pobo, e auxiliar administrativo-secretaría do Valedor do Pobo, anunciados por Resolución do 28 de marzo de 1996 (DOG nº 73, do 15 de abril).

Segundo.-Adxudicarlle destino no posto de administrativo-secretaría do Valedor do Pobo á funcionaria do Parlamento de Galicia Mª José Suárez Vázquez, e o destino no posto de traballo de auxiliar administrativo-secretaría do Valedor do Pobo, á funcionaria Delfina Cao Fernández, do corpo xeral da Administración do Estado, co rexistro de persoal nº 3495813635 A1146, á vista da documentación achegada e unha vez que xa foron recibidos os respectivos informes previstos na base 5ª da convocatoria.

Terceiro.-O prazo para a toma de posesión será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se o destino anterior estivese na mesma localidade, ou dun mes, se estivese en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.

Cuarto.-A funcionaria seleccionada para o posto de administrativo-secretaría do Valedor do Pobo, funcionaria do Parlamento de Galicia, de conformidade co disposto na base oitava da convocatoria, terá dereito a ser declarada na situación administrativa prevista no artigo 10.3º da Lei do Valedor do Pobo, en relación co artigo 52.14ª da Lei da función pública de Galicia.

Quinto.- Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa

publicación, logo de comunicarllo a esta institución, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1996.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

4851