Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.351

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativas á celebración do segundo ou terceiro exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde polas respectivas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) e do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), de conformidade co apartado 7 da base sexta A) das respectivas convocatorias, o tribunal fará públicos, unha vez comezadas as probas, os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das dirección provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada ó seu comezo.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do segundo, ou terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose para iso expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro, ou segundo se é o caso, exercicio da fase de oposición das correspondentes categorías, para o vindeiro día 6 de xullo de 1996, na Facultade de Medicina e Cirurxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa San Francisco s/n, de conformidade coa seguinte distribución:

-Segundo exercicio da fase de oposición.

Categorías: ATS/DUE, traballador social, TEAP.

Hora de chamamento: 9 horas.

Categorías: grupo de xestión da función administrativa, fisioterapeuta, TEL, TER.

Hora de chamamento: 12.15 horas.

-Terceiro exercicio da fase de oposición.

Categorías: auxiliar de enfermería, pinche.

Hora de chamamento: 16 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Terceiro.-En uso da facultade outorgada ó tribunal polo apartado 5 da base sexta A) da respectiva convocatoria, acórdase puntuar negativamente as respostas erróneas, a razón de 0,15 puntos cada unha, naquelas categorías que realicen o segundo exercicio da fase de oposición.

Cuarto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima das citadas convocatorias.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

4877