Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.339

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se dictan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 1996/1997, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo.

Coa finalidade de adxudicar destino provisional para o curso académico 1996/1997 ó profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase o presente concurso de acordo coas seguintes bases:

Primeira.

Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan na presente resolución, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 1996/1997, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segunda.

Estarán obrigados a participar no presente concurso, na súa especialidade:

a) O profesorado en situación de expectativa de destino, que se ordenará por anos de celebración do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido no mesmo.

Este profesorado relacionase no anexo VII da Orde do 3 de xuño de 1996 (DOG do 17), pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados convocado pola Orde do 10 de novembro de 1995 (DOG do 17).

b) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso o corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados pola Orde do 8 de marzo de 1996 pola orde obtida no procedemento selectivo.

c) Profesorado interino, pola mesma orde que elixiron no curso académico 1995-1996.

d) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución.

Terceira.

Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) As correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os institutos e seccións de bacharelato, institutos e seccións de formación profesional, institutos de educación secundaria e profesional e institutos de educación secundaria que figuran no anexo I da presente resolución e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

01Filosofía
02Grego
03Latín
04Lingua castelá e literatura
05Xeografía e historia
06Matemáticas
07Física e química
08Bioloxía e xeoloxía

CódigoEspecialidade

09Debuxo
10Francés
11Inglés
12Alemán
16Música
17Educación física
18Ética
19Tecnoloxía
53Lingua e Lit. galega
56Informática BUP
59Tecn. Empres. e Act. turísticas
60Tecn. cultivos mariños
61Estudios T.V.
62Mant. Equip. audiovisuais
63Equipos informáticos
64Tecnoloxía fontanería
65Economía
66Tecnoloxía industrial
70Ética e filosofía do dereito
72Volume
73Xeometría da arte
101Administración de empresas
102Análises e química industrial
103Asesoría e procesos de imaxe persoal
104Construccións civís e edificacións
105Formación e orientación laboral
106Hostelería e turismo
107Informática
108Intervención sociocomunitaria
109Navegación e instalacións mariñas
110Organización e xestión comercial
111Organización e procesos de mantemento de

vehículos

112Organización e proxectos de fabricación

mecánica

113Organización e proxectos de sistemas

enerxéticos

115Procesos de producción agraria
117Procesos e diagnósticos clínicos e productos

ortoprotésicos

118Procesos sanitarios
119Procesos e medios de comunicación
120Procesos e productos de téxtil, confección

e pel

122Procesos e productos en artes gráficas
123Procesos e productos en madeira e moble
124Sistemas electrónicos
125Sistemas electrotécnicos e automáticos
803Cultura clásica

b) O profesorado de clásicas poderá solicitar indistintamente as prazas de latín e grego entendéndose incluída para estes participantes a cultura clásica.

Os profesores procedentes de extinguidas especialidades de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo II d) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación pro

fesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

Para estes efectos terase en conta que os titulados das especialidades antigas que a continuación se relacionan poderán solicitar indistintamente prazas das dúas especialidades que se citan:

Especialidade antigaEspecialidades novas

Tecn. administrativa

e comercial

-Administración de empresas-Organización e xestión

Tecn. delineación-Construccións civís e edificacións-Organización e proxectos de sistemas enerxéticos

Tecn. sanitaria-Procesos sanitarios-Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos

c) O profesorado de modelado e baleirado poderá solicitar prazas de volume.

d) O profesorado de matemáticas poderá solicitar prazas de xeometría da arte.

e) Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e IV da presente resolución.

f) Os titulares da especialidade de tecnoloxía administrativa que posúan algunha das titulacións de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública poderán solicitar prazas de economía.

g) As prazas de tecnoloxía industrial (do novo bacharelato tecnolóxico) poderán ser solicitadas polos titulares da especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos, organización e proxectos de fabricación mecánica (profesorado a antiga tecnoloxía de metal) e navegación e instalacións mariñas (máquinas).

Cuarta.

Os profesores do corpo de profesores técnicos de formación profesional poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros que figuran no anexo I, e para as especialidades de:

CódigoEspecialidades

28Práct. equipos informáticos
30Práct. protésico dental
31Práct. hixenista dental
32Práct. cultivos mariños
33Prácticas e actividades

CódigoEspecialidades

34Práct. empresas e actividades turísticas
37Práct. diminuídos psíquicos
201Cociña e pastelería
202Equipos electrónicos
203Estética
204Fabricación e instalación de carpinteria e moble
206Instalacións electrotécnicas
208Laboratorio
209Mantemento de vehículos
210Máquinas, servicios e producción
211Mecanizado e mantemento de máquinas
212Oficina de proxectos de construcción
213Oficina de proxectos de fabricación mecánica
215Operacións de procesos
216Operacións de producción agraria
217Patronaxe e confección
218Perruquería
219Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
220Procedementos sanitarios e asistenciais
221Procesos comerciais
222Procesos de xestión administrativa
223Producción en artes gráficas
225Servicios á comunidade
226Servicios de restauración
227Sistemas e aplicacións informáticas
228Soldadura
229Técnicas e procedementos de imaxe e son

Os profesores procedentes de extinguidas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo IV.c) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

Para estes efectos terase en conta que os titulares das especialidades antigas que a continuación se relacionan poderán solicitar indistintamente prazas das dúas especialidades que se citan:

Especialidade antigaEspecialidade nova

Práct. administrativas e comerciais-Proc. de xestión administrat.-Proc. comerciais

Prácticas de delineación-Oficina de Prox. de construcción-Oficina de Prox. de fabricación mecánica

Prácticas de química-Laboratorio-Operacións de procesos

Prácticas do metal-Mecanizado e mantemento de máquinas-Soldadura

Práct. perruquería e Est.-Estética-Perruquería

Especialidade antigaEspecialidade nova

Prácticas sanitarias-Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico. (Non inclúe as prazas de protésico dental)-Procedementos sanitarios e asistenciais

Quinta.

Os profesores de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

01Alemán
06Español para estranxeiros
08Francés
09Galego
11Inglés
12Italiano
15Portugés
17Ruso

Sexta.

Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

01Acordeón
02Harmonía e melodía acompañada
04Canto
07Clarinete
08Composición e instrumentación
09Conxunto coral e instrumental
10Contrabaixo
11Contrapunto e fuga
19Estética e Hª da música, da cultura e da arte
21Fagot
23Frauta travesa
24Frauta de bico
26Guitarra
29Hª da cultura e da arte
39Música de cámara
42Oboe
43Órgano
45Percusión
46Piano
50Repentización, transposición, instrumentación e acompañamento
52Saxofón
53Solfexo e teoría da música
55Trombón
57Trompa
58Trompeta
59Tuba
60Viola
61Violín

CódigoEspecialidade

63Violoncelo
64Acompañamento
65Clave
66Pianista acompañante
88Arpa

Sétima.

Os profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

06Dereito usual e contabilidade
09Debuxo artístico
10Debuxo lineal
13Hª da arte
16Matemáticas
18Modelado e baleirado
34Técnicas de deseño gráfico
35Técnicas gráficas industriais
37Teoría e práctica do deseño
38Proxecto e deseño interiores
39Teoría da comunicación
40Xemoloxía

Oitava.

Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidade

06Cerámica artística
08Decoración
12Delineación
13Debuxo publicitario
15Deseño de figurinos
16Dourado e policromía
21Esmaltes
27Fotografía artística
28Fotografía e procesos reproducción
41Metalistería artística
47Orfebrería
50Química aplicada á cerámica
52Repuxado en metal
58Talla en madeira
60Talla en pedra e madeira
63Técnicas de xoiería
65Baleirado e moldeado
66Proxecto e deseño de interiores
67Taller do moble
97Serigrafía

Novena.

1. Os participantes deberán manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afíns coas que desexan completar, se é o caso, horario. Para estes efectos, poderán solicita-la tecnoloxía, tanto os pro

fesores de ensino secundario como os profesores técnicos de formación profesional que posúan a titulación necesaria para impartila.

2. De existir nun centro máis duna vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicarase en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.

3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, na orde que coide conveniente. Para estes efectos deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro sobre a orde das materias afíns.

Décima.

1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda.

2. Ós profesores, interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlle ningunha desta prazas, pasarán a formar parte da lista para posibles novas necesidades de interinidades ou substitucións. Ós profesores en expectativa de destino e en prácticas adxudicaráselles destino de oficio.

3. Ós profesores que solicitando prazas da súa especialidade completando horario con outras materias, de non corresponderlles praza na súa especialidade adxudicaráselles praza noutra materia das indicadas como afíns, se existise vacante, unha vez colocados os colectivos sinalados nos apartados a), b), c) e d) da base segunda da presente resolución.

4. Ó profesorado substituto unicamente poderá adxudicarselle praza da súa especialidade con ou sen materias afíns segundo a solicitude.

Décimo primeira.

As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre os funcionarios en expectativa de destino, funcionarios en prácticas e, se é o caso, interinos, dos corpos correspondentes, serán adxudicadas ós profesores de ensino secundario, da respectiva especialidade que as solicitasen.

Décimo segunda.

Cando concorran a prazas de tecnoloxía industrial profesores de distinta especialidade, a orde de prioridade na adxudicación virá determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda da presente resolución. No suposto de que pertenzan ó mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servicios como interino ou substituto. De coincidi-la mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, inicián

dose polo apelido coa letra «Z». O mesmo criterio utilizarase para a adxudicación de prazas correspondente a materias afíns.

Décimo terceira.

1. Con carácter previo á adxudicación das prazas do presente concurso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá a resolve-las peticións de reingreso no servicio activo solicitados con anterioridade ó 10 de setembro de 1996.

2. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas procederase á adscrición provisional daqueles profesores que tendo destino definitivo, deban ser desprazados provisionalmente por falta de horario no seu centro de destino, de acordo coas seguintes normas:

a) A adscrición provisional de efectivos dentro da mesma localidade será efectuada por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da inspección educativa. No suposto de que o funcionario que se ten que desprazar teña a posibilidade de ir prestar servicios en máis dun centro, por existir vacantes da súa especialidade, será desprazado ó que el determine.

b) A adscrición provisional para unha localidade distinta dentro da mesma provincia de destino será efectuada por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da inspección educativa, logo de conformidade do interesado.

c) A adscrición provisional a un centro situado en provincia distinta da de orixe, será efectuada pola Dirección Xeral de Persoal, por proposta dos delegados provinciais, logo do informe da inspección educativa e da conformidade do interesado.

d) Cando varios profesores soliciten voluntariamente ser adscritos a outro centro por falta de horario no seu centro de destino definitivo, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

1) Prestar servicios na mesma localidade.

2) Prestar servicios na mesma provincia.

3) Data da toma de posesión. Se a data de toma de posesión é a mesma daráselle prioridade ó número de rexistro de persoal máis baixo ou mellor número de oposición, segundo os casos. Se concorresen á mesma praza funcionarios procedentes de distintos corpos, anteriores a entrada en vigor da LOXSE, efectuarase un sorteo para determina-la preferencia.

3. Será de aplicación o disposto no apartado anterior para a impartición de tecnoloxía entre os profesores de educación secundaria obrigatoria e profesores técnicos de formación profesional que estean en posesión dun dos títulos adecuados para impartila.

Décimo cuarta.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de marzo de 1996 o prazo será de cinco días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da lista de aprobados polos tribunais ou comisións de selección.

Os opositores mencionados no parágrafo anterior que xa fixeran a súa solicitude pola súa condición de interinos ou substitutos presentarán, no mesmo prazo, o documento que se xunta como anexo V.

Décimo quinta.

1. As solicitudes, segundo o modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas delegacións provinciais, presentaranse, por duplicado ou orixinal e fotocopia, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 37.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xuntarase á solicitude fotocopia compulsada do primeiro nomeamento como funcionario interino ou substituto.

2. Nas solicitudes deberanse consigna-los centros que se solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos da presente resolución.

Cando non exista concordancia entre os dous exemplares da solicitude de prazas, terá validez a que sexa obxecto de tratamento informático. Calquera erro no número de código determinará que se anule a petición, se non corresponde a ningún centro existente.

3. Cando se soliciten prazas de máis dunha especialidade, de acordo coas bases desta convocatoria, deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se desexe obter praza, indicando no recadro da dereita da instancia o código da especialidade.

Décimo sexta.

1. Non poderán participar no presente concurso os profesores que teñan concedida unha comisión de servicios ou unha adscrición a un posto de traballo para o curso académico 1996/1997.

2. Aqueles profesores ós que, participando no concurso convocado pola presente resolución, se lles conceda posteriormente unha comisión de servicios ou adscrición deberán remitir renuncia ó concurso, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo sétima.

1. O día 6 de setembro de 1996, a Dirección Xeral de Persoal procederá a publica-las relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de prazas nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos centros educativos que a continuación se indican:

A CoruñaIB «Eusebio da Guarda»IFP «Fndo. Wirtz»

SantiagoIB «Rosalía de Castro»IFP «San Clemente»

FerrolIB «Sofía Casanova»IFP Caranza

LugoIB «Nosa Sra. Ollos Grandes»..IPFP de Lugo

BurelaIB Burela

MonforteIB Monforte de Lemos

OurenseIB «Eduardo Blanco Amor»...IPFP «A Carballeira»

Barco de V.IFP do Barco de Valdeorras

PontevedraIB «Valle Inclán»IPFP de Pontevedra

VigoIB «Sto. Tomé do Freixeiro»IPFP de Vigo

2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de cinco días naturais para presentar reclamacións.

3. Resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral de Persoal procederá á adxudicación das prazas e facer pública a resolución provisional do concurso nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4. Os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, no prazo de tres días naturais a partir da súa exposición.

5. Resoltas as incidencias ás que se refire o apartado anterior procederase a elevar a definitiva a resolución provisional e a súa publicación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Décimo oitava.

O profesorado tomará posesión na unidade de persoal da Delegación Provincial da Consellería de Edu

cación e Ordenación Universitaria da provincia de destino, e incorporarase ó centro no prazo das corenta e oito horas seguintes á exposición da resolución definitiva do concurso.

Décimo novena.

Os participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 8 de marzo de 1996, que non estean incluídos nas listas dos aspirantes que os superaron nin nos apartados c) e d) da base segunda da presente resolución, poderán solicitar, segundo o modelo que se publica como anexo VI a súa inclusión nas relacións de aspirantes que van desempeñar prazas de interinidades ou substitucións, no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, sempre que estean en posesión da titulación que se relaciona para cada especialidade no anexo VII. Estarán exceptuados deste requisito de titulación os aspirantes que superen todos e cada un dos exercicios da fase de oposición. Para tales efectos deberán xuntar fotocopia compulsada do título académico alegado.

Este colectivo ordenarase para efectos de prioridade na elección por especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques pola puntuación resultante da fase de concurso e oposición, unha vez realizada a ponderación prevista no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO V

Don/Dona

co DNI e domicilio para efectos de notificación

na rúa C.P. ..............

localidade provincia teléfono

EXPÓN: que de conformidade coa resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 19 de xuño de 1996, solicitou praza como

r Interino

no corpo de, especialidade de

r Substituto

Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 8 de marzo de 1996 na especialidade de,

Polo que solicita que a

súa petición sexa tramitada conforme a base décimo cuarta segunda da resolución mencionada.

....................................., ..... de................ 1996.

Asdo.:

Sr. Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VI

Don/Dona

co DNI e domicilio para efectos de notificación

na rúa C.P. ..............

localidade provincia teléfono

SOLICITA: ser incluído/a na relación de aspirantes a desempeñar prazas de interinidades ou substitucións

de ensino secundario/profesores de escolas oficiais de idiomas/profesores de música e artes escénicas (risca-los corpos que non procedan) na especialidade de, estando en posesión do título de e

superando no procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de marzo de 1996 o exercicio.

....................................., ..... de................ 1996.

Asdo.:

Sr. Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VII

EspecialidadeTitulación

FilosofíaLicenciado en filosofía

Grego-latínLicenciado en filoloxía clásica

Lingua castelá e Lit.Licenciado en filoxía hispánica

Xeografía e historiaLicenciado en xeografía e historia

MatemáticasLicenciado en matemáticas

Física e químicaLicenciado en físicas ou químicas

Bioloxía e xeoloxíaLicenciado en biolóxicas ou xeoloxía

DebuxoLicenciado en belas artes ou arquitecto ou enxeñeiro

FrancésLicenciado en filoloxía francesa

InglésLicenciado en filoloxía inglesa

MúsicaTitulo superior de música ou equivalente, segúndo o Real decreto 1542/1994, do 8 de xullo ou licenciado en xeografía e historia, especialidade musicoloxía

Educación físicaLicenciado en educación física

Lingua e Lit. galegaLicenciado en filoxía galaico-Port.

EspecialidadeTitulación

Administración de empresasLicenciado en Cienc. económicas ou licenciado en Cienc. empresariais ou diplomado en Cienc. empresariais ou diplomado en xestión e administración pública

Formación e orientación laboralLicenciado en dereito ou diplomado en ciencias empresariais ou diplomado en relacións laborais ou diplomado en traballo social ou diplomado en educación social ou equivalentes a calquera delas.

4876