Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.338

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de xuño de 1996 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

De conformidade co disposto na base V.I da Orde do 28 de decembro de 1995 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados (DOG nº 236, do 12 de decembro de 1995) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas, publicándose como anexo da presente orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública

da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os documentos a que se refire a base V da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia, no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

RELACIÓN DEFINITIVA DE ASPIRANTES QUE SUPERARON AS PROBAS SELECTIVAS PARA O INGRESO NO CORPO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA (GRUPO A), ESCALA DE LETRADOS

DNIApelidosNome1º Ex.2º Ex.3º Ex.4º Ex.5º Ex.6º Ex.Total

32.792.306Benedeti CorzoSusana Loreta27,244,5527,9423,6023,503,80110,63
32.779.111Pillado QuintánsManuel26,363,8024,2424,0827,003,60109,08
33.312.094Vázquez SeijasJuan José28,062,8024,6423,1520,004,00102,65

9604901