Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.338

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de xuño de 1996 pola que se nomea persoal interino do corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), especialidade de enxeñeiro de telecomunicacións para a Consellería de Industria e Comercio.

Por orde desta consellería, do 4 de marzo de 1996 (DOG nº 54, do 15 de marzo) convocouse proceso selectivo para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, un posto de traballo do corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), especialidade de enxeñeiro de telecomunicacións, vacante na Consellería de Industria e Comercio.

Realizado o proceso selectivo e en vista da proposta elevada polo tribunal, de conformidade co establecido na base oitava da orde de convocatoria, en uso das facultades que me confire o artigo 13.2º 9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear persoal interino do corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A) especialidade de enxeñeiro de telecomunicacións a Javier Franco Tubío con DNI 32.774.254.

Segundo.-De conformidade co previsto na base novena da orde de convocatoria do proceso selectivo, no prazo de 10 días naturais a partir do seguinte ó da publicación do nomeamento no DOG a persoa nomeada deberá acreditar que reúne os requisitos esixidos na base segunda da convocatoria. Para este efecto, deberá presentar na Dirección Xeral da Función Pública os documentos que se relacionan na base novena da devandita convocatoria.

A Dirección Xeral da Función Pública, logo de comprobar que reúne os requisitos esixidos, procederá a expedirlle a correspondente credencial de persoal interino da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Cumpridos os trámites previstos no apartado anterior a persoa nomeada deberá tomar posesión no prazo de cinco días a partir do seguinte ó de finalización do prazo de presentación da docu

mentación, presentándose na Consellería de Industria e Comercio, co fin de que se lle asigne o correspondente posto de traballo.

Cuarto.-O servicio de persoal da Consellería de Industria e Comercio deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia da dilixencia de toma de posesión inserida na credencial.

Se a persoa nomeada non presenta a documentación nos prazos sinalados ou non se incorpora ó respectivo posto de traballo, decaerá nos seus dereitos, agás en casos de forza maior.

Quinto.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4893