Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

BASES que rexerán na convocatoria para a provisión, por medio de oposición libre, de dúas prazas de gardas municipais neste concello de Cee.

1º.-Obxecto da convocatoria.

O obxecto da presente convocatoria é a provisión en propiedade polo sistema de oposición libre de dúas prazas do grupo D, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policías locais, denominación gardas, incluídas na oferta de emprego público desta corporación para 1996.

Están dotadas economicamente coas retribucións correspondentes ó dito grupo no orzamento municipal ordinario de 1996.

2º.-Requisitos dos aspirantes.

Para poder participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español, segundo a lexislación vixente.

b) Ter cumpridos os 18 anos e non exceder de 30 anos, no día no que remate o prazo de presentación de instancias.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente e permiso de conducir das clases A2 y B2 (ou en condición de os obter na data de terminación do prazo de presentación de instancias). Ter unha estatura mínima de 1,70 metros para os homes e de 1,65 metros para as mulleres.

d) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas nin estar incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade para o exercicio das funcións públicas.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións correspondentes.

O cumprimento dos requisitos anteriores enténdese referido ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias.

3º.-Solicitudes.

As instancias de solicitude para tomar parte nas probas selectivas dirixiranse ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir da pubicación do anuncio de convocatoria no BOE ou ben na forma establecida no artigo 66 da Lei de procedemento administrativo.

Para ser admitido ás probas de selección abondará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 2ª, comprometéndose, no caso de obteren a praza a prestar xuramento ou promesa conforme o Real decreto 701/1979, do 5 de abril. Así mesmo deberán acredita-la súa aptitude física mediante a presentación dun certificado médico no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición.

Os dereitos de participación no proceso selectivo serán de 1.500 pesetas, que deberán ingresar na Tesourería municipal, directamente, por medio de xiro postal ou ingreso en conta bancaria. O xustificante deberá unirse á instancia presentada.

4º.-Admisión de aspirantes.

Finalizado o prazo de presentación de instancias a alcaldía dictará resolución, no prazo máximo de 15 días, na que se aprobará a lista de admitidos e excluídos, que se fará pública no BOP e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con indicación do prazo de corrección, que, nos termos do artigo 71 da Lei de procedemento administrativo, se lles concede ós excluídos, determinando así mes

mo a designación dos tribunais cualificadores e o lugar e a data do comezo dos exercicios.

5º.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador do proceso selectivo será designado de conformidade co establecido no artigo 11 do Real decreto 2223/1984, do 19 de decembro, e artigo 4 e) do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño. Terase en conta, así mesmo, o disposto na Lei 3/1992, do 23 de marzo e no Decreto 121/1995, do 20 de abril, e a súa composición será a que segue:

Presidente: o alcalde do concello ou concelleiro no que delegue.

Vocais:

-Un representante da Xunta de Galicia.

-Un funcionario de carreira da policía local, nomeado pola alcaldía.

-Un representante de cada un dos grupos políticos que compoñen a corporación.

Secretario:

-O titular do concello ou funcionario no que delegue.

Nomearase, así mesmo, os seus suplentes.

O tribunal non se poderá constituír nin actuar sen a asistencia, polo menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte del cando concorra algunha das causas previstas no artigo 28 da Lei 30/1992 ou no suposto previsto no artigo 13.2º do Real decreto 364/1985 e poderán ser recusados polos aspirantes.

Quedan facultados para resolveren tódalas cuestións que se presenten e para adoptaren as medidas pertinentes para o mellor desenvolvemento da convocatoria en todo o non previsto nas presentes bases.

Os seus integrantes terán dereito ó aboamento de asistencias de conformidade co previsto no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo e resolución do 22 de marzo de 1993. Para estes efectos o tribunal terá a categoría cuarta.

6º.-Sistema de selección.

A selección dos aspirantes farase polo sistema de oposición e constará de dúas fases: probas selectivas e curso de formación na Academia Galega de Seguridade polo período de tempo que determine con carácter xeral o dito organismo.

Probas selectivas.

Non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria no BOE.

Constarán dos seguintes exercicios:

1º Exercicio: de caracter obrigatorio. Consistirá na medición dos aspirantes e comprobada a estatura mínima esixida, a realización das probas de:

a) Salto de altura: o aspirante deberá supera-lo listón colocado a una altura de 1,10 m.

b) Salto de lonxitude: o aspirante deberá alcanzar un mínimo de 2 metros cos pés xuntos e de 3,5 m en carreira.

c) Carreira de 60 m lisos nun tempo máximo de 10 segundos.

Para a realización destas probas, salvo a de carreira, permitiranse dous intentos.

A clasificación deste exercicio será de apto ou non apto. Serán declarados non aptos os aspirantes que non superen calquera das probas que o compoñen.

2º Exercicio: de carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito. Consistirá en tres probas que se realizarán nun tempo máximo de 2 horas:

a) Exercicio de redacción sobre un tema relativo ás materias do programa anexo; valoraranse os coñecementos sobre el, o nivel de formación xeral, a composición gramatical e a claridade de exposición.

b) Resolución de problemas aritméticos simples.

c) Redacción dun parte ou informe sobre un suposto práctico que sinale o tribunal relativo ás tarefas do policía local.

3º Exercicio: de carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito. Consistirá en contestar nun tempo máximo de 1,30 horas a un cuestionario de trinta preguntas relativas ó temario mínimo do programa anexo á convocatoria, valorándose os coñecementos a través da exactitude e claridade das respostas.

4º Exercicio: de carácter obrigatorio e escrito. Consistirá na traducción do castelán para o galego un texto que sinale o tribunal nun tempo máximo de 30 minutos.

A orde de actuación dos aspirantes naqueles exercicios que non se poidan realizar conxuntamente será alfabética, comezando pola letra correspondente ó sorteo celebrado pola Secretaría de Estado para as Administracións Públicas, para os efectos de ingreso na Administración do Estado.

Os aspirantes concorrerán provistos do seu documento nacional de identidade e serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando excluídos da oposición os que non comparezan, salvo casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal.

Entre o final dun exercicio e o comezo do seguinte deberán transcorrer polo menos 48 horas e non máis de vinte días.

Comezadas as probas selectivas, a publicación dos resultados e os anuncios referentes a elas farase no taboleiro de anuncios do concello.

7º.-Cualificación das probas.

Os exercicios obrigatorios serán cualificados de 0 a 10 puntos por cada membro do tribunal, que

dando automáticamente eliminados os aspirantes que non alcancen nota media de 5 puntos en cada fase das probas.

As cualificacións adoptaranse sumando as puntuacións dadas polos membros do tribunal e dividindo o total polo número de asistentes a aquel, sendo o cociente a cualificación definitiva.

Os aspirantes que superen a proba selectiva, que en todo caso non poderán exceder do número de prazas convocadas, farán un curso selectivo de formación na Academia Galega de Seguridade coa duración que fixe a mesma con carácter xeral e deberán superalo.

A puntuación final obtida sumarase ás cualificacións das probas selectivas.

A puntuación final obtida polos aspirantes será a media das puntuacións das probas e máis do curso.

Finalizadas as probas selectivas, o tribunal publicará a relación dos propostos por orde de puntuación, que non poderán exceder do número de prazas convocadas e elevaralle ó presidente do concello para que dicte a resolución do seu nomeamento.

8º.-Presentación de documentos.

Os aspirantes propostos para ocupa-las prazas presentarán na secretaría do concello, dentro do prazo de 20 días naturais, contados desde a publicación da lista de aprobados, a documentación acreditativa de reuni-los requisitos esixidos na base 2ª.

Se no prazo indicado e salvo casos de forza maior, non a presentasen non poderán ser nomeados e quedarán anualadas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento e unicamente deberán presentar certificación da Administración pública da que dependan na que se acredite tal condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

9º.-Nomeamento de funcionarios de carreira.

Unha vez presentada a documentación e de ser esta conforme coa base 2ª da convocatoria, os aspirantes propostos serán nomeados funcionarios en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente corresponden á dita situación, debendo supera-lo curso teórico práctico na Academia Galega de Seguridade antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira. Os que non superen o dito curso en dúas convocatorias consecutivas como máximo perderán tódolos dereitos ás prazas.

10º.-Recursos.

A convocatoria e as súas bases e cantos actos administrativos se deriven destas e da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos intere

sados nos casos, termos e formas previstos na Lei 30/1992.

En todo o non previsto polas presentes bases rexerán como supletorias a Lei 7/1985, o Real decreto lexislativo 781/1986; o Real decreto 364/1985; a Lei 3/1992, de 3 de marzo e o Decreto 12/1995 e demais normas concordantes.

ANEXO

(Programa)

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. A división de poderes: lexislativo, executivo e xudicial. A Coroa.

Tema 2. A organización do Estado. A Administración central e periférica do Estado. Os organismos autónomos.

Tema 3. Organización territorial do Estado: as comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 4. A Administración local española. A Provincia. O municipio. Outras entidades locais. Elementos constitutivos do municipio: poboación, territorio e organización.

Tema 5. O concello. Competencias. Órganos de Goberno. O Concello de Cee: a súa organización interna, distribución de competencias, localización das súas dependencias.

Tema 6. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria. Especial consideración da potestade regulamentaria municipal: ordenanzas e bandos.

Tema 7. Persoal ó servicio da Administración pública: clases, dereitos, deberes e responsabilidades. Situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 8. O cidadán ante a Administración. Dereitos do cidadán no seu trato co concello. O funcionario ó servicio do público.

Tema 9. Coñecemento do municipio... Principais aspectos da súa historia, xeografía, cultura e festexos.

Tema 10. Coñecemento do municipio... Principais aspectos urbanísticos, as súas rúas, monumentos, prazas. Localización dos seus principais edificios públicos.

Tema 11. Normativa de seguridade vial. Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo. O código de circulación: concepto, estructura e extensión. Competencias administrativas en materia de tráfico.

Tema 12. Normas de comportamento na circulación. Especial referencia ó réxime de parada e estacionamento. Limitacións na circulación.

Tema 13. Os sinais de ciruclación. Preeminencias. Clases. Sinais dos gardas de circulación.

Tema 14. Matriculación de vehículos. Permisos de circulación. Duplicados. Transferencias. Circulación en proba e en transportes con permiso temporal. Matrícula turística. Inspección técnica.

Tema 15. Permiso de conducción. Clases. Requisitos para a súa obtención. Revisións. Duplicados. Suspensión. Licencias de conducción.

Tema 16. Condicións técnicas dos vehículos para circular polas vías públicas.

Tema 17. Estudio da circulación urbana na normativa de seguridade vial.

Tema 18. Alcoholemia. Estudio especial dos preceptos contidos na normativa de seguridade vial.

Tema 19. O transporte de mercancías perigosas. Concepto e regulamentación especial.

Tema 20. Transporte de viaxeiros e mercadorías: estudio dos principais preceptos contidos na normativa de seguridade vial e na lexislación de transportes.

Tema 21. Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade: ideas xerais.

Tema 22. Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá: ideas xerais.

Tema 23. Primeiros auxilios e socorrismo.

Tema 24. Dereitos e obrigas en materia de protección civil.

En Cee o 29 de abril de 1996.

Manuel Lamela Lestón

Alcalde-presidente

9604793