A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
Obxecto e orzamento:
Contratación de: material dun só uso (contedores, luvas e varios).
Orzamento: 8.588.765 ptas. (oito millóns cincocentas oitenta e oito mil setecentas sesenta e cinco ptas.).
Prazo de execución: antes de 1 semana, a partir da solicitude efectuada polo centro. Autorízanse entregas parciais.
Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público nº 5/1996, tramitado con carácter urxente.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios globais, así como dos servicios nos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.
Solvencia técnica: entrega de mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.
Fianza provisional: 2% do orzamento total do contrato.
Criterios de adxudicación: tomaranse en conta os seguintes criterios que se ponderan da forma:
Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación
1Prezo ofertado 50%
2Calidade dos materiais25%
3Prazo de entrega 25%
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 13 horas, de luns a venres. Teléfono (986) 86 23 63 e fax. (986) 84 79 41.
Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14
horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas da área de Xestión do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.
Pontevedra, 23 de maio de 1996.
Juan J. Fernández Ramos
Director-xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón
3706