Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de tubos de baleiro e agullas dun só uso para o laboratorio de sanidade animal de Lugo para o desenvolvemento da campaña de saneamento gandeiro.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de tubos de baleiro e agullas dun só uso para o laboratorio de sanidade animal de Lugo para o desenvolvemento da campaña de saneamento gandeiro, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: dezanove millóns de pesetas (19.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: trescentas oitenta mil pesetas (380.000 ptas).

Fianza definitiva: setecentas sesenta mil pesetas (760.000 ptas.).

Exposición dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estará á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios administrativos, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que

figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 17 de xullo de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 24 de xullo de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

4810