Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dunha análise sobre a calidade de mostras de carburantes en Galicia.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 10/1996.

Obxecto do contrato: elaboración dunha análise de carburantes (gasóleo A, B e C e gasolinas con ou sen chumbo) a partir das mostras tomadas.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: será desde o día seguinte á sinatura do contrato ata o 31 de outubro de 1996.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 ptas.).

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato (130.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano,5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 5734 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 mese segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da L.A.C.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1996.

P.D. (O. 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

4808