Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de reactivos, instrumental e equipamento de laboratorio.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da subministración consistente na adquisición de reactivos, instrumental e equipamento de laboratiro, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: vintesete millóns de pesetas (27.000.000 de ptas.).

* Lote 1. Reactivos para diagnóstico serolóxico de leucose bovina enzoótica suficientes para 80.000 determinacións: 6.000.000 de ptas.

* Lote 2. Reactivos para diagnóstico serolóxico da enfermidade de Aujeszky suficientes para 50.000 determinacións: 4.000.000 de ptas.

* Lote 3. Reactivos para cultivo e identificación de xermes en análises bacteriolóxicos: 5.000.000 de ptas.

* Lote 4. 2 estufas para cultivos celulares con CO2 e refrixeradas e 1 estufa para cultivos bacterianos con CO2: 6.000.000 de ptas.

* Lote 5. 1 dispensador automático de microplacas e 1 lavador de placas: 3.300.000 ptas.

* Lote 6. Equipamento de mobiliario: 2.700.000 ptas.

** Total: 27.000.000 de ptas.

A forma de licitación será por lotes.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Ganadería e Montes (edificio administrativo, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 22 de xullo de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 29 de xullo de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

4749