Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/182-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., Xío-Queiruga.

Situación: Porto do Son.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 5.986 m de lonxitude, con orixe en apoio onde deriva a liña a C.T. Xío e con final no apoio nº 93. Liña eléctrica subterránea derivada da anterior, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x95) mm Al, de

20 m de lonxitude alimentando ó C.T. Queiruga. Concello de Porto do Son.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-4376