Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/165-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pontoibo.

-Situación: As Pontes.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.122 m de lonxitude, con orixe na liña Ribeira-Freixo (Expte. 32140) e remate en C.T. Covelos. Liña derivada da anterior e mesmas características, sobre apoio formigón, de 39 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 1 e remate en C.T. Pontoibo. Centros de transformación aéreos, de 100 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV, con redes de baixa tensión sobre apoios formigón e conductor R.Z. en Covelos e Pontoibo, de 1.800 m de lonxitude. As Pontes de García Rodríguez.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 13 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4380