Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Neiro-Busto.
-Situación: Santiago de Compostela.
-Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV en LA-56, de 904 m de lonxitude, que parte da L.M.T. Polveira-Berreo (Expediente 3512) e remate nos CC.TT. de Neiro e Vilarizo de 50 kVA c/u. Concello de Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 13 de maio de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
4378