Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.269

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 254/1996, do 14 de xuño, polo que se determina o órgano competente para fixa-las temporadas de rebaixas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 30.I.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia, a Comunidade Autónoma galega ten competencia exclusiva na materia de comercio interior, sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competencia.

O artigo 25 da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de ordenación do comercio minorista atribúelles ás Comunidades Autónomas competentes a facultade para fixa-las datas concretas dentro das cales os comerciantes poderán decidi-la duración de cada período de rebaixas.

Resulta, pois, necesario determinar cal será o órgano competente da Comunidade Autónoma para

fixa-las devanditas datas, así como as que abranguerá a temporada estival de rebaixas para o ano 1996.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-A facultade para fixa-las datas concretas das temporadas de rebaixas que lle outorga á Comunidade Autónoma o artigo 25 da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de ordenación do comercio minorista, será exercida pola Consellería de Industria e Comercio.

Disposición adicional

A temporada estival de rebaixas correspondente ó ano 1996 terá lugar durante os meses de xullo e agosto.

Disposición final

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

4906