Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.269

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de maio de 1996 pola que se regula o exercicio da inspección ambiental única e tramitación de denuncias ambientais.

Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 110, do 5 de xuño de 1996, cómpre efectua-las seguintes correccións:

No anexo I bis (MODELO DE ACREDITACIÓN).

Fronte:

Onde di: «INSPECCIÓN AMBIENTAL».

Debe dicir: «AXENTE AUXILIAR AMBIENTAL».

Dorso:

No terceiro párrafo «terá a condición... e o Medio Ambiente (Art. 4.2)», debe substituírse polo seguinte parágrado: «Os funcionarios autonómicos de garderías e asimilados, que desempeñen cometidos de vixilancia, conforme a normativa vixente, poderán recibir acreditación como axentes auxiliares ambientais» (Art. 4.3).

No anexo III

Así mesmo, detectados erros no modelo de denuncia ou reclamación ambiental, publícase novamente íntegro o modelo no anexo.

Nos anexos IV e V

Na liña correspondente á data, onde di: «de... 1991», debe dicir: «de... 199..».

96-4846