Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1996 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato para a realización de traballos específicos e concretos non habituais, consistente na implantación dunha rede de área local no Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicataria: Instituto Galego de Consumo (IGC).

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 2/1996.

Obxecto do contrato: implantación dunha rede de área local no Instituto Galego de Consumo, así como o seguimento dos sistemas xa existentes no Instituto Galego de Consumo.

Tipo de contrato: traballos específicos e concretos non habituais.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 11 de abril de 1996.

-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).

-Adxudicación:

Data: 29 de maio de 1996.

Contratista: Casilda Rolan Martínez.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

96-4741