Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO relativo ó expediente de expropiación forzosa que se instrúe para a execución das obras do parque empresarial de Bueu polo que se cita ó interesado para o pagamento e levantamento da acta de ocupación.

O presente expediente de expropiación forzosa foi aprobado polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data 10 de novembro de 1995. De conformidade co establecido no artigo 220 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, resolución do órgano autonómico, implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Pagamento e ocupación: de conformidade co disposto nos artigos 222 e 223 da Lei 1/1992, do 26 de xuño, e artigos 205 e 209 de Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, procederase ó pagamento ou consignación se é o caso e ó levantamento da acta de ocupación do predio nº 130 do expediente expropiatorio, sinalándose como data de ambas o

día 5 de xullo de 1996, ás 13 horas na Casa do Concello de Bueu.

Convócanse os titulares dos bens e dereitos afectados polo expediente de referencia, para que comparezan e acheguen os documentos acreditativos da titularidade destes.

Predio: 130.

Superficie: 2.585 m.

Propietario: Manuel Pereira Álvarez.

Enderezo: Xuncal, 20-Ardán, Marín.

Amelia Gamero Vidal

Representante da Administración

4514