Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996 pola que se anuncia o concurso de ideas para a redacción do proxecto para desenvolver vivendas sociais para xente nova no rueiro 44 do barrio de Argüelles en Ferrol.

Obxecto.-O presente concurso ten como obxecto selecciona-la proposta que sirva de base para desenvolver vivendas sociais para xente nova no rueiro 44 do barrio de Argüelles en Ferrol.

Concursantes.-Poderán tomar parte neste concurso tódolos arquitectos que se atopen colexiados no momento da súa inscrición no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Os concursantes poderán participar sos ou en equipos.

Os concursantes non se atoparán incursos en ningún dos supostos previstos na Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración pública. Tampouco poderán estar incursos en ningún dos supostos de incompatibilidade en relación coas administracións públicas, previstos no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

Bases.-As bases do concurso poderán ser retiradas na Xefatura da Área Provincial do IGVS na Coruña; nos servicios centrais do IGVS en Santiago de Compostela e no Concello de Ferrol.

Inscrición.-O prazo de inscrición dos concursantes rematará ás 14 horas dos quince días hábiles seguintes ó da data de publicación do anuncio no DOG.

A solicitude de inscrición formalizarase en escrito dirixido ó director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e deberá xuntarse a seguinte docu

mentación: resgardo de ter efectuado o ingreso de 7.000 ptas. en concepto de custo da documentación administrativa; e documentación acreditativa da personalidade do concursante e do colexio oficial ó que pertence, así como domicilio para os efectos de notificación.

Lista de admitidos.-O IGVS publicará, no prazo de sete días hábiles contados a partir da data en que remata o período de inscrición no taboleiro de anuncios, a lista de presentados en tempo e forma. Dela, daráselle conta ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

A tódolos concursantes admitidos remitiráselle-la documentación necesaria para o desenvolvemento dos traballos.

Premios.-O presente concurso estará dotado cos seguintes premios:

1º premio: 1 millón de pesetas e o encargo do proxecto básico e de execución e da dirección de obra de edificación.

2º premio: 500.000 ptas.

3º premio: 300.000 ptas.

O importe dos premios farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 06.50.331A.607.00 do vixente orzamento de gastos.

Prazo.-O prazo de entrega dos traballos rematará ás 14 horas do día 30 de setembro de 1996.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

4769