Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 1/1996, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación da instalación dun caixeiro automático.

A dirección-xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3 de outubro) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: instalación caixeiro automático.

Orzamento: a contratación do servicio farase sen gasto para a Administración.

Duracion do contrato:

Ata o 31 de decembro de 1996, con posibilidade de prórroga.

Forma de adxudicación:

Procedemento aberto por medio de concurso público (nº 1/1996) tramitado con carácter urxente.

Admisión de variantes:

Admítense variantes.

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase por algún dos medios previstos no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica:

Acreditarase a través dalgún dos medios previstos no Art. 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

Fianza provisional:

20.000 ptas (vinte mil pesetas)

Criterios de adxudicacion:

1) Implantación da entidade financeira en institucións sanitarias (ata 40 puntos).

2) Implantación da entidade financeira na área de Pontevedra (ata 25 puntos).

3) Asistencia técnica permanente (ata 20 puntos).

4) Canon para satisfacer (ata 10 puntos).

5) Deseño funcional e tamaño do caixeiro (ata 5 puntos ).

Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no

departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 13 horas, de luns a venres. Tlf.(986) 86 23 63 e fax.(986) 84 79 41.

Presentación de proposicións:

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas de décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións:

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas da área de xestión do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do undécimo día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

O pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 23 de maio de 1996.

Juan J. Fernández Ramos

Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico O Rebullón

96-4742