Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.192

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE COOPERATIVA AGRARIA DE MEIRÁS LIMITADA-SOCIEDADE COOPERATIVA DE PRODUCTORES DO CAMPO DE SAN MATEO DE TRASANCOS.

ANUNCIO de fusión.

En cumprimento do disposto no artigo 97.1º c) da Lei 3/1987, do 2 de abril, xeral de coooperativas, faise público que na asemblea xeral extraordinaria da Sociedade Cooperativa Agraria de Meirás Limitada, en sesión celebrada o pasado día 2 de xuño de 1996, e en asemblea xeral extraordinaria da Sociedade Cooperativa de Productores do Campo de San Mateo de Trasancos, na sesión celebrada o día 14 de maio de 1996, aprobaron, coa maioría estipulada no número 2 do artigo 49 da citada lei, a fusión por absorción da Sociedade Cooperativa de Productores do Campo de San Mateo de Trasancos, pola Sociedade Cooperativa Agraria de Meirás Limitada, coa disolución sen liquidación da primeira e transmisión en bloque, a título universal, do patrimonio da Sociedade Cooperativa de Productores do Campo de San Mateo de Trasancos, a entidade absorbente, Sociedade Cooperativa Agraria de Meirás Limitada. A fusión levarase a cabo nas condicións recollidas no proxecto de fusión aprobado polo Consello Rector da

Sociedade Cooperativa de Productores do Campo de San Mateo de Trasancos e polo Consello Rector da Sociedade Cooperativa Agraria de Meirás Limitada, do 30 de abril de 1996, o que está expresamente ratificado, así como os demais documentos, balances e contratos que se refiran a tal fusión.

Ademais, e coa finalidade de levar a cabo ata a súa completa culminación a fusión por absorción da Sociedade Cooperativa de Productores do Campo de San Mateo de Trasancos pola Sociedade Cooperativa Agraria de Meirás Limitada, as asembleas xerais citadas adoptaron os acordos pertinentes, en virtude dos cales o Consello Rector da Sociedade Cooperativa de Productores do Campo de San Mateo de Trasancos e o Consello Rector da Sociedade Cooperativa Agraria de Meirás Limitada quedan facultados para realiza-las diversas actuacións conducentes ó logro da dita finalidade, á vez autorizados para substituír tales dificultades en favor dalgún ou dalgúns dos seus membros.

Así mesmo, esta publicación realízase para os efectos de lle dar cumprimento ó establecido nos artigos 99 e 100 da Lei de coooperativas referida, en canto ó dereito que existe a socios e acredores.

Valdoviño, 13 de xuño de 1996.

Rubricado

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273